Conversa usuario:Miguel Manteigas
Benvido(a) á Galipedia, Miguel Manteigas!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 9 de xullo de 2018 ás 08:08 (UTC)
Carballo
[editar a fonte]Boas Miguel, benvido á Galipedia. É un pracer contar con usuarios novos que queiran unirse ó proxecto. En primeiro lugar, no tocante ás fotos, podes ver que nas páxinas de concellos e cidades temos un formato de estilo nas caixas de información. Se poñemos/substituímos unha imaxe debemos manter este mesmo estilo. As túas edicións, racharon levemente con este estilo, polo que, ó ser un usuario novo recomendaríache que te fixases en artigos como Pontedeume, que é artigo de calidade, para engadir ou modificar o contido. Como podes ver, no artigo Pontedeume inclúese un modelo de montaxe fotográfica para facer un collage con varias imaxes. As túas fotos son perfectamente válidas e anímote a que as inclúas, seguindo este criterio. Algunhas das túas outras correccións estaban a engadir contido innecesario na ligazón como podes ver aquí: [[Laracha|Laracha]] , a colocación do pronome estaba ben orixinalmente, así como outros pequenos cambios que non requirían de modificación xa que tamén son correctos como estaban escritos. Anímote a seguir editando e non teñas medo a cometer erros, ninguén naceu aprendido. Se tes calquera dúbida podes preguntar a calquera usuario que vexas activo. Un saúdo.--Breogan2008 (conversa) 13 de xullo de 2018 ás 11:40 (UTC)