Conversa usuario:Modesto
Benvido á Galipedia, Modesto!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo.. AlberteSi, digame? 22:44, 17 setembro 2007 (UTC)
votos en votacións oficiais
[editar a fonte]Hola Modesto
De acordo coa política sobre votacións acordada pola comunidade, soamente os usuarios con máis de 150 edicións válidas en artigos poden votar nas votacións oficiais (Wikipedia:Votacións#Quen_pode_votar?). Segundo o contador de WikiMedia [1], non cumprirías ese requisito, por iso tiven que borrar o teu voto.
Saudos Miguel.lima 14:02, 11 marzo 2008 (UTC)
Ola.
De acordo. Non vira ningunha indicación sobre esa restrición. Espero que os votos discordantes non fosen todos de usuarios pouco activos. ;-)
Un saúdo.
--Modesto 15:53, 11 marzo 2008 (UTC)
- Ola de novo. As respostas acostumanse a poñer na páxina do usuario á quen van dirixidas, se non moitas veces non nos enteramos. Saudos Miguel.lima 12:41, 19 marzo 2008 (UTC)
Resultado votación fusión Galicia-Galiza
[editar a fonte]Hola
Rematou unha votación oficial na que participaches, Wikipedia:Votacións/Fusión dos artigos Galiza e Galicia nun único titulado Galicia, sendo éste o resultado: 13 votos a favor, 0 neutros, 0 en contra.
Saudos Miguel.lima 12:08, 19 marzo 2008 (UTC)