Saltar ao contido

Conversa usuario:Mreilly85

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Mreilly85!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.. --MAGHOI (conversa) 25 de agosto de 2021 ás 18:56 (UTC)[responder]

Guido Alvarez Parga[editar a fonte]

Boas, o artigo Guido Álvarez Parga, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, MAGHOI (conversa) 25 de agosto de 2021 ás 18:22 (UTC)[responder]

Wikificar[editar a fonte]

Ola, Mreilly85. Non me decatei de que eras un editor/a novel. Por iso, cun pouco de retraso douche a benvida a este bonito proxecto que é a Galipedia. Coloqueiche na parte anterior, un resumo de ligazóns, como sempre facemos, con información e axuda. Así, con tempo podes ir formateando o artigo de Guido Álvarez e eu irei botándolle unha ollada de cando en vez.. Se tes calquera dúbida non deixes de contactares comigo ou con calquera outro administrador. Un saúdo e a darlle duro. MAGHOI (conversa) 25 de agosto de 2021 ás 19:05 (UTC)[responder]

Posible conflito de intereses[editar a fonte]

Ola Mreilly85. Por favor, ten en consideración o expresado en Wikipedia:Conflito de intereses .

Grazas, un saúdo.--. HombreDHojalata.conversa 28 de xaneiro de 2023 ás 16:31 (UTC)[responder]