Conversa usuario:Myanllo
Benvido(a) á Galipedia, Myanllo!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de xuño de 2015 ás 10:53 (UTC)
Proposta
[editar a fonte]Boas, respondín á túa proposta na taberna. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de xullo de 2015 ás 00:01 (UTC)
- Ola, hai que afacerse pouco a pouco ó trebello pero é doado, ademais editar os artigos é moito máis sinxelo coa nova ferramenta do Wikipedia:Editor visual. Para poñer un comentario na taberna só tes que darlle a editar a sección que queres, o problema pode ser atopar as cousas :), neste caso o sitio é este. E un detalle importante, cando fagas comentarios tes que lembrarte de firmar, para iso só tes que darlle á icona do lapis que hai enriba da caixa de edición.
- Tes razón que o ano pasado fixemos unha actividade nesas datas polo Día da ciencia en galego pero polo momento non temos novas de se van repetir a actividade nin tampouco se o farán nas mesmas datas. Se queredes podo tentar contactar coa xente que o organizou para ver se xa teñen pensado algo.
- E si, cando queirades podedes comezar unha páxina similar a esa, e como aínda hai moitas cousas por definir podedes poñer un cartel na cabeceira indicándoo. Se non sabedes como poñer o cartel avisádeme e xa llo poño eu cando teñades creada a páxina. Cando a teñades feita o mellor sería avisar na taberna, no fío onde se anunciou, de que ides usar esa páxina para ir definindo os detalles do mesmo e que así toda a comunidade a coñeza e saiba onde seguir os avances e participar no que vexa preciso.
- Eu participei na organización deses eventos e se queredes podemos quedar algún día para falar dos detalles que vexades, pero realmente a maior parte deles está na wiki :) Se queredes contactar comigo por correo só tedes que ir á miña páxina de usuario e premer na ligazón "Enviar un correo electrónico a este usuario". Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de xullo de 2015 ás 10:00 (UTC)
- Ah, outra cousa que se me esqueceu comentar e que pode ser importante, sería ben que botárades un ollo a Wikipedia:Conflito de intereses. Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de xullo de 2015 ás 11:13 (UTC)
- Moi ben, se precisades de algo xa sabedes onde estou :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de agosto de 2015 ás 19:04 (UTC)