Conversa usuario:Noelgf
Benvido(a) á Galipedia, Noelgf!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 13 de decembro de 2017 ás 23:50 (UTC)
WikiCrops
[editar a fonte]Ola, Noel! Deille formato ao artigo WikiCROPS, creando ligazóns internas e categorías. Pero non me quedou claro se é WikiCROPS ou WikiCrops, porque na propia páxina aparece escrito das dúas formas. Cal é?
Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 21 de xaneiro de 2018 ás 08:48 (UTC)
traducións automáticas
[editar a fonte]Ola, Noel; por favor, se usas tradutores automáticos, incluído o da propia Wikipedia, procura revisar os textos, pois cometen numerosos erros. Amais, é importante categorizar os artigos, e axeitar o formato ao utilizado na Galipedia. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de xullo de 2018 ás 23:01 (UTC)
Traducións automáticas
[editar a fonte]Por favor deteña as súas traducións automáticas sen revisión posterior, coma a feita na súa última edición. A súa última edición foi marcada como unha tradución automática, e será borrado nun curto período de tempo a non ser que se arranxe o problema indicado.
As traducións automáticas considéranse prexudiciais, xa que o software de tradución automática é propenso a cometer moitos erros. Isto provoca que os artigos requiran unha revisión completa, sendo na maioría dos casos máis axeitado o borrado do artigo e o comezo dende cero. Teña en conta que unha reiteración na inclusión deste tipo de traducións automáticas podería chegar a causarlle ser obxecto dun bloqueo temporal ou permanente. ☣Banjo tell me 26 de agosto de 2018 ás 22:09 (UTC)
Arranxos
[editar a fonte]Ola, Noelgf. Por favor, antes de crear novos artigos, asegúrate de arranxar os que xa fixeches. Teñen importantes problemas de expresión, tradución, formato e falta de referencias. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 11 de setembro de 2018 ás 08:50 (UTC)
- Ola de novo, Noelgf. Olla para estes cambios e verás que os problemas nos teus artigos persisten. Como che sinalaron outros usuarios e eu mesmo, por favor non sigas a crear novas entradas até arranxares as que xa fixeches. Así non poden quedar. Entendo que, ao principio, pode resultar algo lento facer as cousas ben, pero paga a pena poñer atención e ir aos poucos para despois facer bos artigos dende o inicio. Ninguén nace aprendido. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 14 de setembro de 2018 ás 08:22 (UTC)