Conversa usuario:Pablofc4~glwiki
- Benvido á Galipedia Pablofc4, toda a axuda nova e moi apreciada pola comunidade da wikipedia galega. Sobre o logo da TVG dicir que non soemos publicar imaxes formato gif no web por unha cuestión de patentes (aínda que algunhas delas caducaron), os formatos preferidos son png e jpg. Outra cuestión paralela é que é unha imaxe con copyright e pode supoñer problemas a súa publicación (só cumplindo certas condicións poden publicarse). Este é un tema pendente de discusión neste wiki (o de cales imaxes con copyright aceptamos) pero en todo caso as imaxes deben estar perfectamente identificadas (na súa páxina de descrición) para coñecer a súa licenza (Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe e Wikipedia:Política de uso de imaxes). Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia galega en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nós necesites aí nos tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:49, 27 Xuñ 2005 (UTC)
- Benvido, considerate coma na túa casa, lembra que, cando poidas, facer a túa paxina de usuario, para que os demaís saiban que proxectos tes para este proxecto. saudos --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 20:49, 27 Xuñ 2005 (UTC)
- Benvido á galipedia Pablofc4. Agardo que te sintas a gusto entre nos ;) Un saúdo --Alyssalover(fálame) 12:21, 29 Xuñ 2005 (UTC)
Imaxe, falta información de Image:Riazor.jpg
[editar a fonte]Pode que haxa que borrar o(s) ficheiro(s). |
Grazas por contribuir a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No(s) caso(s): Image:Riazor.jpg , Image:DSCF0285.JPG cómpre incluir, ampliar ou aclarar a información do ficheiro. Para marcar as imaxes é preciso incluir a licenza e a táboa de información cos datos que identifiquen a súa orixe.
Pode usar esta ferramenta para atopar todas as súas imaxes. Se ten dúbidas sobre como incluir a información que falta podemos axudarlle. Grazas. --Lmbuga Commons - Galipedia 23:00, 31 maio 2006 (UTC) |
Borrado de imaxes
[editar a fonte]- As imaxes anteriores, ante a falta de resposta, foron borradas. Estou á túa disposición se queres volvelas subir cos datos pertinentes. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 20:33, 27 xuño 2006 (UTC)
20.000 artigos
[editar a fonte]Ola Pablofc4. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.
Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:
Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois moitos dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días e, quizais algúns non cheguen a ver esta mensaxe nunca, porque o seu paso pola Galipedia foi fai moito tempo. Así e todo, non queriamos deixar de agradecérllelo.
Grazas de novo por ser un máis entre nós. Lmbuga Commons -- Galipedia e --Prevert(talk) 00:45, 6 decembro 2006 (UTC)
Ola Pablo. Grazas pola túa colaboración e por subires excelentes imaxes coma esta. Así a todo, hai dous pequeniños problemas . Son doados de solucionar nas próximas imaxes que poidas subir (cousa que se teñen esta calidade, desde logo que che agradecería).
- 1º. Os nomes das imaxes deben ser descritivos, facilitar minimamente o tema da foto.
- 2º. É evidente para min que a imaxe é túa, pero é obrigado poñer na descrición autoría propia (ou eu son o autor, self made, own work,...).
O ideal para imaxes realizadas por ti sería que no campo que pon, cando sobes ou editas unha imaxe, descrición puxeses, se a imaxe é da túa autoría, o seguinte (substituíndo o que está en verde):
{{Information
|Description=breve descrición da imaxe
|Source= feita por min (self made)
|Date=engade a data
|Author= http://gl.wikipedia.org/wiki/User:Pablofc4
|Permission= Cc-by-sa-2.5-es
|other_versions=
}}
{{Cc-by-sa-2.5-es}}
Non dubides en contactar comigo cando desexes. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 19:55, 14 agosto 2007 (UTC)
Orixe descoñecida
[editar a fonte]
|
Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:DSCF5039.JPG', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.
Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.
- Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
- Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.
Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí
Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes
Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 18:41, 7 xaneiro 2008 (UTC)
Vai cambiar o seu nome de usuario
[editar a fonte]Boas!
O equipo de desenvolvemento da Wikimedia está facendo algúns cambios en relación ao funcionamento das contas, como parte dos nosos continuos esforzos por proporcionar novas e mellores ferramentas aos nosos usuarios, como as notificacións a través dos wikis. A adopción destes cambios implica que cada persoa debe ter a mesma conta en todos os wikis. Isto ha permitir que poidamos ofrecer novas características que axudarán a editar e conversar mellor, e ha permitir unha maior flexibilidade nos permisos de usuario para usar as ferramentas. Un dos efectos secundarios disto é que as contas de usuario deberán ser agora únicas nos 900 wikis da Wikimedia. Consulte o anuncio para obter máis información.
Por desgraza, a súa conta coincide con outra conta tamén chamada Pablofc4. Para asegurarnos de que ambos poidades seguir usando os wikis da Wikimedia no futuro, reservamos para vostede o nome global único Pablofc4~glwiki. Se lle gusta o nome, non ten que facer nada. Se quere outro nome, fáganolo saber mediante este formulario.
A súa conta seguirá funcionando como antes, e terá recoñecidas as edicións feitas ata o de agora, pero terá que usar o novo nome para acceder ao sistema.
Lamentamos os inconvenientes.
Atentamente,
Keegan Peterzell
Enlace Comunitario, Fundación Wikimedia
18 de marzo de 2015 ás 01:45 (UTC)
Renomeado
[editar a fonte]Esta conta foi renomeada como parte da finalização do login unificado. Se você possui esta conta você pode logar usando seu nome de usuário e senha anterior para mais informações. Se não gosta do novo nome desta conta, pode escolher outro você próprio usando este formulário após o login:Especial:GlobalRenameRequest. -- Keegan (WMF) (discussão)
19 de abril de 2015 ás 07:39 (UTC)