Conversa usuario:Pablorecuna
Benvido(a) á Galipedia, Pablorecuna!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
![]() Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. ![]() Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
![]()
![]()
|
Boa estadía e bo traballo. ☣Banjo tell me 19 de agosto de 2016 ás 10:28 (UTC)
Referencias en contribucións recentes
[editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/1f/Commons-emblem-question_book_orange.svg/45px-Commons-emblem-question_book_orange.svg.png)
Ola, Pablorecuna. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.
Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso segue os seguintes pasos:
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/7/7c/Ferramenta_citas.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/e/ea/Ferramenta_citas2.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9a/Ferramenta_citas3.jpg/675px-Ferramenta_citas3.jpg)
Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir! ☣Banjo tell me 19 de agosto de 2016 ás 10:28 (UTC)
RE:Páxina de Riobó
[editar a fonte]Ola Pablorecuna,
Para a cuestión das ligazóns externas retiradas, tes máis información en Wikipedia:O que a Wikipedia non é:
A Wikipedia non é un espello ou un repositorio dixital de ligazóns e imaxes. Os artigos da Wikipedia non son: Meras coleccións de ligazóns externas ou directorios da internet. Non hai nada malo en engadir unha ou máis ligazóns con contidos útiles e que completan a información dun artigo; porén, un exceso de ligazóns en forma de listas pode desviar a Wikipedia do seu propósito. Nos artigos sobre temas que posúen moitas páxinas web de afeccionados, por exemplo, abonda con incluír unha ligazón externa cara ao principal ou máis importante.
Para a cuestión da necesidade de referencias, tes máis información en Wikipedia:Verificabilidade:
A verificabilidade na Wikipedia significa que o lector teña a posibilidade de consultar fontes citadas que apoien directamente a información contida no artigo. Toda a información presente na Wikipedia debe ser verificable, pero que algo sexa verificable non basta para incluílo na enciclopedia....
Os artigos deben basearse en fontes fiables, de terceiros e publicadas, cunha reputación para a comprobación dos feitos e a exactitude. As fontes deben ser materiais publicados (que estean dispoñibles para o público dalgún xeito); os materiais non publicados non se consideran fiables.
...
O máis importante desta política Os artigos só terán material publicado por fontes acreditadas. Os editores que engadan material a un artigo deben citar unha fonte acreditada, ou este contido engadido poderá ser borrado por outro editor.
A obriga de prover fontes acreditadas recae sobre os editores que engaden o material, non sobre aqueles que desexan quitalo.
☣Banjo tell me 19 de agosto de 2016 ás 11:10 (UTC)
- Ola de novo. As referencias son a base da verificabilidade para a Wikipedia. Non é o que pida eu, é o principio da propia Wikipedia. No caso das que engadiches quedan agora formateadas na sección de ligazóns externas, xa que o artigo é moi curto e polo tanto non é totalmente necesario indicalas en forma de citas ao pé. Os outros artigos que comentas probablemente tamén necesiten referencias, pero probablemente aínda non foron revisados e por iso nin teñen ditas referencias nin teñan indicacións ó respecto, algo que cambiará progresivamente segundo os usuarios voluntarios vaian revisando ditos artigos. ☣Banjo tell me 19 de agosto de 2016 ás 11:56 (UTC)