Conversa usuario:Palen2
- Benvido/a á Galipedia Palen2. Sempre apreciamos a chegada de novos colaboradores que axuden a que medre o wiki. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nós necesites aí nos tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:37, 14 maio 2006 (UTC)
Os anos non poden estar vacíos, podes coller os datos da wikipedia inglesa ou francesa, se sabes alemán tamén da alemá. Nas outras wikipedias polo que vin ó facer algúns anos tamén están vacíos pero aquí os administradores non deixan que estean sen nada.--Miñato 18:33, 11 xuño 2006 (UTC)
Parabéns
[editar a fonte]Ola Palen 2. Parabéns pola calidade das túas contribucións. Estiven lendo o artigo UCI ProTour e gustoume moito. Engadinlle unhas fotos procedentes de Commons (http://commons.wikimedia.org/wiki/Portada_galega). Espero que nos sigamos encontrando por aquí. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 20:06, 29 xuño 2006 (UTC)
- Grazas pola mensaxe e por mellora-lo artigo; nun futuro próximo pretendo seguir facendo máis artigos de ciclismo coa Wikipedia inglesa e co que eu mesmo sei (malia as malas novas que hai no ámbito estes últimos días). --Palen2 14:13, 30 xuño 2006 (UTC)
- A min gustoume moito o artigo sobre as grandes voltas. Síntoo, pero non vin que o estabas editando ata que foi demasiado tarde. Agardo que non che fastidiase nada.--Xabier Cid 22:18, 18 xullo 2006 (UTC)
Ola Palen2. En primeiro lugar dicirche que a min persoalmente me dá igual unha denominación ou outra e que creo que ós demais tamén. Así a todo, se ben neste artigo o movelo non ten problemas -creo-, procura non actuar tan rápido, deixa algo máis de tempo desde que editas na páxina de discusión ata que fas o cambio.
A pesar desa observación -que só é unha observación-, dicirche que estou encantado coa túa implicación no proxecto e que contes comigo para o que desexes. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 13:42, 27 xullo 2006 (UTC)
Ola Palen2!, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para informar do que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia podes incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi valiosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 22:15, 15 setembro 2006 (UTC)
20.000 artigos
[editar a fonte]Ola Palen2. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.
Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:
Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.
Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:46, 6 decembro 2006 (UTC)
Intewrwikis
[editar a fonte]Boas, Palen2. Non te esqueces de engadir as iw's e mais de categorizar os artigos que vaias creando. Un saúdo e a choiar. --Atobar (conversa comigo) 20:43, 17 novembro 2009 (UTC)