Conversa usuario:Pedro Incio
Benvido(a) á Galipedia, Pedro Incio!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 3 de xullo de 2017 ás 12:54 (UTC)
Biblioteca Universitaria da Coruña
[editar a fonte]Ola, Pedro! Grazas por te creares unha conta de usuario na Galipedia, o que facilita a comunicación.
O borrado ao que te refires tivo lugar na Wikipedia en lingua castelá. A web da Universidade da Coruña permite copiar a información sen citar a fonte, polo que o borrado foi incorrecto. Deberiades poñervos en contacto coa persoa que eliminou o artigo (es:Usuario:Sabbut) e explicarllo.
De todos xeitos, non é correcto que editedes sobre a biblioteca universitaria. Recoméndovos botarlle un ollo a Wikipedia:Conflito de intereses. Non se considera apropiado editar sobre artigos relacionados co ámbito profesional ou vital (editar sobre o centro de traballo, o artigo sobre un familiar...). Se é que a Biblioteca Universitaria da UdC merece un artigo de seu, ha telo nalgún máis cedo ou máis tarde, perdede medo. Pero enténdese que hai conflito de intereses, pois a visión que se dá pode ser sesgada ou interesada (a muller do César, amais de ser honrada debe parecelo).
Agardo que o comprendades, e convídovos a seguir editando noutros artigos que sexan do voso interese. Para calquera asunto, non dubidedes en me escribir na miña páxina de conversa.
Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 26 de outubro de 2017 ás 10:41 (UTC)