Conversa usuario:PeioR
Benvido(a) á Galipedia, PeioR!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 21:59, 31 de maio de 2011 (UTC)
Censura no Estado Español
[editar a fonte]A páxina foi borrada por falta de neutralidade e pola folla de ruta que claramente tes, ao ser ti o único editor nas catros wikis en que foi creada, e nas cales é probábel que sexa borrada (en pt.wiki a teño unha votación de borrado aberta). Se tes calquera dúbida, non temas en preguntar. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 18:00, 18 de xullo de 2011 (UTC)
Coido que primeiro borreina eu sen decatarme, apretando nun botón que nunca apretei (non acostumo editar na Galipedia e o funcionamento é un pouco distinto en cada Wikipedia), e agora xa non deixades que sexa creada de novo. De calquera modo, penso que antes de ser borrada desa maneira tería que ser proposta para votación, como fixeran na wiki en portugués. Coido que o artigo está ben referenciado e o tema merece estar nunha enciclopedia como esta. --PeioR 18:12, 18 de xullo de 2011 (UTC)
- Fun eu quen a borrou as dúas veces, PeioR; ten en conta que soamente un administrador pode borrar páxinas. É certo que cada wikipedia ten as súas características propias, non obstante. Imos ao asunto: o mero título, o contido non neutral e mais o feito de ser o mesmo editor, ti, quen creou a páxina a un mesmo tempo en todas as wikis no que se coñece como folla de ruta, son motivos de borrado directo. De calquera maneira, anímote a que crees outros artigos e trates de redactalos cun ton máis equidistante. É evidente que as autoridades políticas do Estado Español non son exemplo de nada no que se refire ao tratamento da internet, pero de aí a crear un artigo autónomo co título que lle deches e un cabezallo inicial cando menos persoal, media un abismo. Pero insisto, es moi benvido a colaborar na Galipedia, coma todo o mundo. Por outra banda, se as miñas explicacións non che convencen, sempre podes expór o tema na taberna. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 18:22, 18 de xullo de 2011 (UTC)
Aviso de bloqueo
[editar a fonte]Ola, Néboa. Dado que ti e PeioR sodes a mesma persoa, e dado que é unha situación que non debe manterse, creo que deberías pechar unha das dúas contas (loxicamente Néboa). Creo que deberías cancelar a conta, e antes editar claramente na túa páxina de usuario que a) o fixeches sen mala vontade, b) non vas volver empregar esta conta e que c) PeioR, Néboa, e os demais (que ti sabes mellor cales son), son os mesmos usuarios. Do contrario, teriamos que bloqueala nós, pero sinceramente non creo que teñamos que chegar a tanto. Un saúdo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 09:48, 13 de febreiro de 2012 (UTC)