Conversa usuario:Pentimento
Benvido(a) á Galipedia, Pentimento!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de marzo de 2014 ás 00:37 (UTC)
A Pobra
[editar a fonte]Boas, tiven que desfacer as súas edicións no artigo porque semellaban unha copia dunha web con copyright e iso non está permitido na Galipedia. Se precisas máis información sobre o tema podes consultar a páxina Wikipedia:Dereitos de autoría e se tes calquera dúbida podes contactar comigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de marzo de 2014 ás 00:37 (UTC)
- Non te preocupes, non pasou nada, o bo deste proxecto é que todo se pode amañar. Podes achegar a información que creas interesante nos artigos sempre que con copies contido que teña copyright. O que me comentas de extraer a información das fontes que tes e redactalas de novo para incluílas no artigo e engadindo as referencias desas fontes é a forma perfecta de actuar :). Se queres como estás comezando, e para evitarte problemas, podes copiar o artigo da Pobra nunha subpáxina do teu usuario. Nesa subpáxina podes fedellar como queiras e cando a teñas lista podes avisarme a min ou a outros usuarios na taberna para que che voten unha man e revisen se os cambios foron correctos antes de pasalos ó artigo final. Pero só é unha proposta, podes facer como mellor consideres que conste. Se precisas axuda con calquera cousa da Galipedia podes avisarme na miña conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de marzo de 2014 ás 09:58 (UTC)
Lampón
[editar a fonte]Ola, Pentimento!
As achegas que fixeches no artigo sobre a parroquia de Lampón son moi interesantes. Con todo, é importante indicar de onde tomas os datos, como fixeches no artigo da Pobra; podes incluír as referencias? Fixen algunhas modificacións, dándolle formato conforme ao resto de artigos da wiki. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 19 de maio de 2014 ás 20:40 (UTC)
- Ola! Ao editares un artigo, debaixo do cadro onte escribes o texto aparéceche outro recadro onde pon "resumo"; aí é o lugar onde podes indicar de onde tomaches a información; outra xente faino na páxina de conversa do artigo, pero é máis cómodo escribilo no resumo porque queda gravado no historial do propio artigo.
No caso concreto dun libro manuscrito sen editar: sabes quen foi o autor? Se non, podes indicalo como "información tomada da documentación parroquial", ou algo similar.
Non te preocupes polo formato, que se vai aprendendo aos poucos. Unha cousa: recoméndoche a instalación dun corrector ortográfico (mira as instrucións máis abaixo), e lémbroche que o artigo dos topónimos tamén contrae (en vez de "En A Pobra", escríbese "Na Pobra"). Un saúdo, e a seguir! --Estevo(aei)pa o que queiras... 22 de maio de 2014 ás 03:09 (UTC)
Axudas ortográficas
[editar a fonte]Ola Pentimento. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.
Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:
- O corrector ortográfico en liña de galego do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.
- O revisor ortográfico da Galipedia: activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).
Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir!