Saltar ao contido

Conversa usuario:Percebe

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Percebe!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

Síntoo, mais tiven que desfacer os teus trocos no artigo Francisco Vázquez Vázquez, xa que non eran imparciais, e eliminaban información sen citar motivos nin fontes. Un saúdo. AlberteSi, digame? 14:26, 3 outubro 2007 (UTC)

  • Se cadra, se explicas antes a túa proposta de modificación na páxina de conversa do artigo os demais editores poidan dicir se lles parece ben, mal ou regular, porque nestas cousas tan "contorvertidas" as modificacións feitas tan expeditivamente adoutan ser revertidas por imparciais. Agardo que sigas a colaborar connosco. Un saúdo. AlberteSi, digame? 14:35, 3 outubro 2007 (UTC)

Ola, benvido. A imaxe que acabas de subir carece dos datos suficientes para que poida permanecer na Galipedia. Debes ter en conta se a imaxe ten dereitos ou é libre e engadirlle os datos incluidos na seguinte caixa:

Descrición

Pon a descrición

Orixe

Especifica a orixe

Data

Pon a data

Autor

Pon o autor

Licenza
(Reuso deste ficheiro)

A licenza

Outras versións Outras versións

Podes facelo editando a imaxe e metendo esta caixa cos datos e gravando. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 15:42, 3 outubro 2007 (UTC)

Puxeches todos os datos necesarios pero entende que quen deseñou eses logos é o autor deles e ten dereitos. As imaxes deben ter algún tipo de licenza. Se de onde as sacaches non di nada suponse sempre que teñene copyright. No caso do logo feito por ti terías que saber se o logo orixinal permite obras derivadas que é o que ti fixeches. En definitiva, quedarían por aclarar as verdadeiras licenzas desas imaxes, se tes a orixe e foi dunha páxina web podes poñela e axudaría a súa comprobación, e a autoría que non pode ser o Instituto senón unha persoa ou colectivo concreto. Podes ver wikipedia:Política de uso de imaxes que che di cales son as licenzas válidas para a galipedia. Unha vía fácil sería preguntar no Instituto sobre esas imaxes e a posibilidade de usalas neste proxecto.

Espero que non te desanime, esto das imaxes ao principio é bastante engorroso (pero necesario para evitar vulnerar dereitos de autor) e por eso todos tiramos de fotos propias, pero co tempo vaslle collendo o tranquillo. Ánimo co traballo e se necesitas algo pregunta a calquera de nós que estemo editando ou a mín sen problema. Saúdos e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 15:56, 3 outubro 2007 (UTC)

[editar a fonte]
Aviso A imaxe Imaxe:Iesmonelos3.jpg foi borrada por violación dos dereitos de autor

Grazas por colaborar subindo imaxes. A imaxe Imaxe:Iesmonelos3.jpg foi borrada por ser unha violación dos dereitos de autor. Por favor, revisa a Política de uso de imaxes para máis información sobre o uso e carga de imaxes na Wikipedia.

A páxina de orixe (http://centros.edu.xunta.es/iesmonelos/) ten copyright (© 2006)

A lexislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna) indica que non é preciso ningún requisito para que calquera obra teña copyright. Polo tanto só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen explícitamente que as imaxes están no dominio público, permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial e indiquen a licenza con que poden ser compartidas.
O mesmo acontece con Imaxe:Iesmonelos.gif
Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 14:29, 1 xaneiro 2008 (UTC)

  • Ola, perdoa por non contestar antes, creo que si te entendín. Para facer un salto de línea basta con introducir o seguinte código: <br>. Así consegues facer un punto e renglón a parte como este
    que acabo de facer agora mesmo. Un saúdo. AlberteSi, digame? 10:09, 19 marzo 2008 (UTC)
    • Vaia, vexo que o tema xa estaba arranxado coa utilización de : (dous puntos) ó comezo do renglón. A única diferenza é que os dous puntos crean un un marxe e o <br> non. Un saúdo. AlberteSi, digame? 11:05, 19 marzo 2008 (UTC)

Cambiar Galicia por Galiza, e viceversa

[editar a fonte]

Na páxina de Wikipedia:Toponimia podes ver a política oficial aprobada pola comunidade a este respecto. Seguindo esa política, non deberías cambiar o topómino que outro editor decidiu utilizar anteriormente, pero tes liberdade para escoller o topónimo que prefiras cando engadas contido novo, sempre tentando respetar unha coherencia si estás editando un artigo xa existente. Con isto pretendese evitar "guerras de edicións", con xente cambiando Galicia por Galiza, e viceversa. Miguel.lima 11:48, 19 marzo 2008 (UTC)

Orixe descoñecida

[editar a fonte]
Perigo
Esta imaxe será borrada por non se poder comprobar a licenza
Image:Ies Monelos.JPG

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Ies Monelos.JPG, Imaxe:Monelosantíguo.JPG cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.

  • Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
  • Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes


--Lmbuga Commons - Galipedia 20:52, 19 marzo 2008 (UTC)

Orixe descoñecida

[editar a fonte]
Perigo
Esta imaxe será borrada por non se poder comprobar a licenza
Image:Juanfernandezlatorre.JPG

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Juanfernandezlatorre.JPG', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.

  • Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
  • Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes



Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 20:54, 19 marzo 2008 (UTC)

A Coruña

[editar a fonte]
  • Ola, en primeiro lugar teño que dicir que non sabía que eras ti o que editara o artigo, xa que non estabas rexistrado e aparecía simplemente unha IP (coas IP sempre téndese a ter menos consideración que cos usuarios rexistrados, xa que non é fácil coñecer o grao das contribucións da persoa que está por detrás), o artigo desfíxeno simplemente porque o artigo a contrae sempre, non importa que faga parte dun topónimo, contrae igual, en galego é incorrecto escribir de A Coruña ou en A Coruña, sempre é da Coruña e na Coruña. Aproveito para comentarche que se nas páxinas de conversas dos usuarios tes que escribir ao final de todo (a non ser que o usuario poña algún aviso) xa que senón hai o risco que non se vexa. Para calquera cousa que precises podes contar comigo
[editar a fonte]

Hi! I think Ficheiro:Logolatorre.JPG and Ficheiro:Ies Monelos.JPG are copyrighted unless they are so old that the copyright has expired. So I have nominated the files for deletion. --MGA73 (conversa) 18 de xaneiro de 2023 ás 06:25 (UTC)[responder]