Conversa usuario:Pescadito frito
Benvido(a) á Galipedia, Pescadito frito!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 12 de xuño de 2018 ás 15:06 (UTC)
Galiza/Galicia, Trala/Tras a...[editar a fonte]
Son formas correctas as dúas. Cómpre respectar o criterio do primeiro editor. Tamén vin que corrixiches de forma indebida algún caso: *élite debe ser elite. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Elite. Se tes dúbidas pregunta. --Atobar (conversa comigo) 12 de xuño de 2018 ás 15:06 (UTC)
Edición[editar a fonte]
Por favor, Pescadito frito, non sigas editando da maneira na que o fas. Le a fondo as normas e se non sabes algo, pregunta. Todas as túas edicións tiveron que ser revertidas. --Atobar (conversa comigo) 20 de xuño de 2018 ás 21:13 (UTC)
Edicións en páxinas doutros usuarios[editar a fonte]
Ola, Pescadito frito, benvido á Galipedia. Aproveito o saúdo para avisarche de que fixeches algo mal (tranquilo, nada gravísimo), :). Editácheslle a páxina dun usuario para corrixirlle algo segundo o teu propio criterio. Nas páxinas de usuario non se deben facer correccións porque son as únicas páxinas que edita un único usuario, con cousas que decide un para si.
Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 7 de xullo de 2018 ás 19:23 (UTC)