Conversa usuario:Raulsalgado
Benvido(a) á Galipedia, Raulsalgado!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo.--Hugo22 15:24, 1 novembro 2008 (UTC).
Grazas por contribuír, se tes algunha dúbida non dubides en preguntar--Hugo22 16:58, 1 novembro 2008 (UTC).
O artigo Doniños xa existe, traslada a información a Doniños, Ferrol--Hugo22 17:04, 1 novembro 2008 (UTC).
Libro de estilo
[editar a fonte]Ola Raul! Vexo que estás a facer un enorme traballo na redacción de novos artigos. Vou tentar darche uns consellos para evitar darlle traballo a outros editores para adaptar os teus artigos ás normas de estilo. Principalmente debes engadir ligazóns internas, pór categorías e colocar interwikis. Para aprender a facer todo isto podes visita-lo Libro de estilo, como editar unha páxina e como pór un interwiki e en xeral unha visita á Axuda. Recomendaríache, pois, que antes de continuar creando artigos solucionaras os problemas que presentan os xa creados. CAlquera dúbida ou problema non dubides en contactar comigo. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 20:04, 1 novembro 2008 (UTC)
Copyright
[editar a fonte]Ola, Raulsalgado. É unha das normas da wikipedia que os contidos que nela se atopan son libres e poden ser usados por calquera. Pero para que isto sexa así, non poden incluírse na wikipedia contidos textuais ou imaxes que xa teñen un copyright anterior. É o caso do artigo sobre Fernán Pérez de Andrade, onde incluíches contidos literais de Pontedeume online. Por esa razón tiven que borrar o artigo. Se tes calquera dúbida eu, ou calquera outro usuario, pode botarche unha man. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 23:57, 2 novembro 2008 (UTC),
- Tiven que facer o mesmo con Monte Marraxón, Terra de Trasancos, Castro de Eiravedra, Concatedral de San Xiao, Hotel Suizo, Vicente Irisarri, Casino Ferrolán, Teatro Jofre, Porto Exterior de Ferrol, Arsenal militar, Teatro Jofre e creo que non me saltei ningún. Ademais, borrei o artigo Oenach, porque non citaba ningunha fonte e facía afirmacións non rigorosas ou directamente inexactas. Xa esiste algún caso precedente de artigos de "temática celta" que foron borrados por falta de consistencia. Un saúdo --Xabier Cid Conversa 00:38, 3 novembro 2008 (UTC)