Saltar ao contido

Conversa usuario:Relojes de sol en Galicia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Relojes de sol en Galicia!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 6 de xaneiro de 2024 ás 18:44 (UTC)[responder]

Gracias! Relojes de sol en Galicia (conversa) 7 de xaneiro de 2024 ás 10:55 (UTC)[responder]

traducións[editar a fonte]

Ola, RSG! Coido que te trabucaches, e publicaches na wiki en galego a tradución do artigo do COQUIGA ao castelán (Colegio Oficial de Químicos de Galicia). Se queres copia o texto, pero despois debe borrarse. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 6 de xuño de 2024 ás 08:57 (UTC)[responder]

Ola, si, non sei que estou a facer mal... Estou na páxina en galego e doulle o botón de enriba á dereita que pon "Engadir linguas" e a continuación traducir esta páxina... Relojes de sol en Galicia (conversa) 6 de xuño de 2024 ás 09:05 (UTC)[responder]
O artigo tes que crealo desde a Wikipedia en castelán, e logo enlazalos. Vai a es:Colegio Oficial de Químicos de Galicia e pega alí o contido de Colegio Oficial de Químicos de Galicia, indicando que o traduciches desde o artigo en galego, e listo. Saúdos! --Estevo(aei)fálame aquí 6 de xuño de 2024 ás 09:27 (UTC)[responder]
OK, e o traducido ó castelán na Galipedia, póñolle o Modelo "Lixo|motivo para o borrado"? Relojes de sol en Galicia (conversa) 6 de xuño de 2024 ás 09:35 (UTC)[responder]