Conversa usuario:Revolante
Benvido á Galipedia, Revolante!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 20 de novembro de 2015 ás 17:24 (UTC)
Subir un ficheiro
[editar a fonte]Boas! Que raro... a ligazón para subir ficheiros debería aparecerche na marxe esquerda en "Ferramentas". De tódolos xeitos, a ligazón leva a esta páxina. Nela tamén tes as instrucións para subir ficheiros. Un saúdo e a traballar arreo. ;) --Chairego apc (conversa) 20 de novembro de 2015 ás 18:39 (UTC)
- Pois non che sei doutro atallo. Síntoo. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 20 de novembro de 2015 ás 19:26 (UTC)
- Alégrome ben. Se tes calquera outra dúbida podes preguntarme cando queiras e intentarei axudarche. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 27 de novembro de 2015 ás 11:00 (UTC)
Re:Pregunta
[editar a fonte]Si que é doado. Ao principio custa un pouco porque tes que afacerche ao sistema. Non te desanimes, --Xosé Antonio (fálame sempre) 20 de novembro de 2015 ás 19:18 (UTC)
Subir un ficheiro dende Sarria ou Carballo
[editar a fonte]Ola! (Iso, o primeiro)
Non te vin por Ourense... e iso que enviei recado :)
Como te comentan, é algo raro. De calquera xeito, pulsa na ligazón que te indicou Chairego (que era a que te dicía) Especial:Subir e teralo resolto, aínda que sexa de xeito provisional, mentras pensamos que pode ocorrer.
Que teñas unha longa, dilatada e frutífera estancia na Galipedia! --Agremon(contacto) 20 de novembro de 2015 ás 20:32 (UTC)
- Boas, eu aconsélloche que subas as imaxes en Commons, o servidor de imaxes común de todas as wikipedias. Nese servidor tes un asistente para subir as imaxes en 3 pasos que simplifica moito o choio. Podes acceder a el nesta dirección. Se as imaxes son dalgún lugar de Galicia simplemente terás que poñerlle a categoría do concello a onde pertenzan.
- Para ver o problema que tes coa barra de ferramentas, poderías subir unha captura de pantalla do teu navegador, por exemplo aquí e logo mándasme a ligazón?
- Se tes calquera dúbida ou problema podes contactar comigo na miña páxina de conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de novembro de 2015 ás 22:56 (UTC)
Dins que non tes nin idea?
[editar a fonte]Chegou! --Agremon(contacto) 27 de novembro de 2015 ás 07:42 (UTC)
- A miña tamén chegou, ou sexa, que progresas adecuadamente. Trata de subir unha imaxe e verás que o consegues. Aquí estamos para calquera dúbida. --Xosé Antonio (fálame sempre) 27 de novembro de 2015 ás 13:14 (UTC)