Saltar ao contido

Conversa usuario:Roberto portovello

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Roberto portovello!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Estevo(aei)fálame aquí 23 de maio de 2024 ás 11:34 (UTC)[responder]

Ola! Por favor, bótalle un ollo ao Wikipedia:Libro de estilo (respecto á redacción, que debe estar cos verbos en pasado e sen ligazóns externas) e mais a Wikipedia:O que a Wikipedia non é (non é un repositorio de publicacións; no control de autoridades xa están incluídos os links ás fichas de Suso Jares en Dialnet, BNE e outras bases de datos).

Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 23 de maio de 2024 ás 16:10 (UTC)[responder]

Graciñas.
Son novo nestas cousas Roberto portovello (conversa) 23 de maio de 2024 ás 16:16 (UTC)[responder]
como podo solucionar o tema das imaxes?, Non atopo fotos con licenza, nin siquera con autoría atribuída,
graciñas Roberto portovello (conversa) 23 de maio de 2024 ás 16:21 (UTC)[responder]

Boas tardes Roberto. Se queres imaxes para ilustrar bun artigo tes que buscar en Commons. Alí temos 105 millóns de archivos libres, para utilizar en galipedia ou calquera outro proxecto wikipedia. Naturalmente, non hai fotos de todo, todo e, nese caso, terás que sacar ti as fotos que precises, subilas a Commons e así xa podes colgala no artigo. Semella complicado, pero ánimo, que ninguén naceu aprendido. Saúdos, Pedro Lameiro (conversa) 23 de maio de 2024 ás 18:30 (UTC)[responder]