Conversa usuario:Santalladerei
Benvido(a) á Galipedia, Santalladerei!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo. --Xabier Cid Conversa 13:37, 24 maio 2008 (UTC)
Proposta de borrado[editar a fonte]
Ola, Santalladerei. A pesar de que hoxe fixeches un bo traballo sobre o artigo Rutas e visitas da Pobra do Brollón, engadindo ligazóns, o artigo foi proposto para o seu borrado. Ben sei que acabas de chegar á Galipedia, e quizais isto che pareza un pouco raro, pero o usual é que cada vez que se abra unha votación para borrado se lles comunique aos principais editores deses artigos, por se queren dar a súa opinión razonada. Se tes algunha dúbida, podes preguntarme a min ou a calquera outro dos usuarios da Galipedia. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 13:42, 24 maio 2008 (UTC)