Conversa usuario:Soneu56
Benvido(a) á Galipedia, Soneu56!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 3 de agosto de 2017 ás 21:12 (UTC)
Pablo Rubén Eyré
[editar a fonte]Boas Soneu56, tiven que borrar a imaxe de Pablo Rubén Eyré porque ten dereitos de autor. Se queres máis información sobre o uso de imaxes na Galipedia podes consultar Wikipedia:Política de uso de imaxes. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de agosto de 2017 ás 21:32 (UTC)
Ola! Non sei como facer para responder. Grazas pola corrección de erro. En todo caso, dígoche que a imaxe é dunha persoa amiga e non ten problemas en que se reproduza... pero, vaia, xa comentaremos...—o anterior comentario sen asinar foi feito por Soneu56 (conversa • contribucións) 9 de agosto de 2017 ás 21:40
- Boas de novo. Por un lado, para responder ós comentarios o mellor é poñer a resposta na páxina de conversa do usuario que che deixou a mensaxe (así sáelle o aviso de que ten novas mensaxes). Por outro lado, nas páxinas de conversa hai que asinar os comentarios para que sexa doado diferenciar o que está comentando cada usuario :). E finalmente o da imaxe. Entendo o que que me dis, pero temos un problema, todo o que hai na Galipedia ten que poder ser verificado nas súas fontes e, se é unha copia, debe ter unha licenza libre compatible coa da Galipedia. Para o caso dunha foto, se está nunha web externa como este caso, hai que revisar a licenza dese sitio. E aí está o problema, a web de onde colliches a foto non indica a licenza e entón asúmese por defecto que ten copyright. Para amañar isto hai varias posibilidades:
- que na web onde está a foto engadan un pequeno pé á imaxe indicando "Licenza CC-BY-SA"
- que a autora publique outra foto nun sitio web indicando unha licenza libre compatible coa da Galipedia (CC-BY-SA, por exemplo), pode publicala en Wikimedia Commons ou en Flickr, por exemplo
- que a autora envíe un correo electrónico a Wikimedia Commons cos seus datos e a imaxe, indicando que ela é a autora e que quere liberala cunha licenza libre (hai un modelo de correo electrónico e os pasos a seguir en OTRS). Se tes calquera dúbida, pregúntame o que precises que para iso estamos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de agosto de 2017 ás 08:08 (UTC)
- Si, con esa foto non hai problema ningún. Para traducir a páxina na wiki en castelán hai unha ferramenta moi boa na wiki, chámase Tradutor de contido. Esta ferramenta fai unha tradución automática pero adaptando as ligazóns internas do artigo e outras axudas, coa que o único que hai que facer é revisar, e amañar se é preciso, a tradución. Se che interesa douche máis detalles. Saúdos, Elisardojm (conversa) 10 de agosto de 2017 ás 21:46 (UTC)
- Estupendo traballo, porén, aínda cumpría outra referencia máis :), na primeira frase dáse a súa data e lugar de nacemento, pero non hai referencia desa información ;).
- Na Galipedia hai traballo a eito, se queres facer artigos das túas afeccións ou coñecementos seguro que hai moitas cousas nas que podes axudar, tamén hai tarefas de revisión e mellora, sobre todo ortográfica. Se non sabes por onde tirar, temos a sección de Wikipedia:Artigos solicitados, na que hai de todo! :) Se tes calquera dúbida, non quedes con ela, compártea! :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de agosto de 2017 ás 15:55 (UTC)
- Perfecto, e grazas a ti por amañar os detalles do artigo :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de agosto de 2017 ás 21:02 (UTC)