Saltar ao contido

Conversa usuario:Todesfuge

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benvida á Galipedia Lara. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:27, 2 abril 2007 (UTC)

Desfixen a mensaxe que che deixara porque desapareceron os motivos que me levaron a escribila. Fun máis lento escribindo a mensaxe que ti corrixindo o artigo. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:22, 24 maio 2007 (UTC)

Sintoo, teño que borrar as imaxes que cargaches. Non cumpren os requisitos para manterse na Galipedia: non teñen licenza nin orixe. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:48, 24 maio 2007 (UTC)


¿Como incorporar os datos que son precisos ás imaxes?

[editar a fonte]
  • ¿Cómo incluír os datos que se che requiren cuando vas subir unha imaxe?

No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon "Summary". Podes poñer aí os datos e así non tes que editar despois a foto.

  • ¿Como incluílos cando unha imaxe xa foi subida?
  • Accede á foto. Na parte superior da túa páxina de usuario ou de discusión (User:Todesfuge ou User talk:Todesfuge) verás unha pestana que pon "galería". Facendo click nela poderás ver as imaxes que subiches á Galipedia.
  • Cando esteas nesa túa galería de imaxes, fai click sobre o nome da imaxe que desexes editar para lle variar a información que contén.
  • Xa estás na páxina da imaxe, fai click na pestana "editar" que está na parte superior.
  • Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Lembra que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres parénteses.
  • Garda a página

Se tes algunha dificultade, non dubides en pórte en contacto comigo (para o mesmo, segue as indicacións expresadas en Wikipedia:Como contactar con outros usuarios

Corrixín a mensaxe anterior porque logrei comprobar a orixe da foto. En Wikipedia:Guía de carga de imaxes tes máis información sobre o tema das imaxes . Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:23, 29 maio 2007 (UTC)

Xa marquei a imaxe cos datos correctos. Unha aclaración: que unha imaxe estea noutra Wikipedia non implica que poida usarse aquí, en particular a Wikipedia en inglés inclúe moitas imaxes que non se poden republicar neste wiki. Agora Image:Meryl_Streep.jpg recolle na caixa de datos a información de autoría e orixe e máis abaixo a licenza. Para comprobar que a licenza é correcta verifiquei tanto a Wikipedia en inglés como Flickr de onde din obtelo para dita Wikipedia. Cómpre aclarar que coas imaxes as cousas poden ser aínda máis complexas porque poden darse casos en que o usuario que publicou a imaxe en Flickr non sexa o verdadeiro autor da fotografía e iso complícao todo. Sei que o asunto das imaxes é moi complexo, outras Wikipedias —como a Wikipedia en castelán e en portugués— elixiron desactivar a carga de imaxes directa no wiki para evitarse os problemas que supón comprobar todas e cada unha das imaxes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:52, 29 maio 2007 (UTC)

Re: Contrasinal

[editar a fonte]

Ola Lara. Desculpa por non responder antes, estiven (e aínda estarei uns días) ausente . Supoño que foi un problema puntual. Se volve a repetirse haberá que ver que pasou exactamente. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:59, 23 xullo 2007 (UTC)

Orixe descoñecida

[editar a fonte]
Perigo
Esta imaxe será borrada por non se poder comprobar a licenza
Image:Xigante xudío na casa cos seus pais no Bronx. Nova York, 1970.jpg
Image:Moza xove nudista, 1965.jpg
Image:Hermafrodita e un can en Carnaval, 1970.jpg
Image:Diane Arbus.jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Xigante xudío na casa cos seus pais no Bronx. Nova York, 1970.jpg', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.

  • Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
  • Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes --Lmbuga Commons - Galipedia 16:49, 4 agosto 2007 (UTC)

Fernando Rodríguez García

[editar a fonte]

Primeiro de nada, teño que pedirche desculpas. A valoración que fixen do artigo foi demasiado apresurada e, sobre todo, non o expliquei convenientemente na páxina de discusión. O resto de comentarios déixochos na discusión do artigo, vale? Perdoa. Ah, e grazas por insistir e deixarme a mensaxe na miña páxina de discusión --Xabier Cid 11:56, 3 setembro 2007 (UTC)

  • Grazas a ti, ;) --Xabier Cid 12:23, 3 setembro 2007 (UTC)

Se queres que a túa caixa de linguas saia sen esas marcas que pide de templates que faltan, cámbialle o 5 polo 2 deixándoo:

{{Babel-2|gl|es|}}


Se precisas algo (correccións, técnica), avisa. -- Sobreira (parlez) 21:19, 7 novembro 2007 (UTC)

dous asuntos

[editar a fonte]

boas Lara, noraboa polo gran traballo que fas.
Fíxome sorrir ver o artigo de Arturo Casas, ex-profesor en Compostela. Creo lembrar que estaba nas redes escarlata, pero non puxen o dato no artigo porque non estou de todo certo. Poderías confirmalo?
Ademais, algún poema seu saía nun recompilatorio de poesía contemporánea da coleción "biblioteca 120 galega" que vendían coa Voz de Galicia.

¿Coñeces a obra (ou á autora) de Iolanda Zúñiga? Acabo de mercar un libro seu, pero vin que non ten artigo na glpedia. A ver se me animo a inicialo ó rematar o libro.

Gracias tamén por aumentar o artigo de Elvira Riveiro.

Saúde, e pola sombra!! --Estevoaeipa o que queiras... 00:11, 22 novembro 2007 (UTC)

Ola, Lara. Parabéns polo teu traballo. Corrixinche unha cousa nun dos artigos (Carlos González Príncipe) e quero explicarcha: cando categorizamos artigos, metémoslle a continuación a forma pola que queremos que se indexen. Ou sexa, |Gonzalez Principe]]. Estas formas colocanse sen tiles e sen eñes (e sen códigos semellantes) pra que se indexen correctamente. O á, o ñ, o é e todos eles van indexados despois do z. Polo tanto, González irá despois de Gonzuaga, e non antes. E Príncipe irá despois de Prusia, e non antes. Non sei se me estou explicando ben... Enténdeseme? Saudiños --Xabier Cid 10:25, 15 xaneiro 2008 (UTC)

O de UTC... Mírao aquí: UTC. O que non sei é por que non che aparece a ti na sinatura... Bórralo? Non lle dás ao botón? --Xabier Cid 11:05, 15 xaneiro 2008 (UTC)
Ahahú. Cando editas unha mensaxe, enriba da caixa branca hai unha recua de botonciños: uns para poñer negriña, outros para meter fórmulas, etc. O cuarto pola dereita ten unha especie de garabato: a ese hai que darlle e xa escribe a sinatura directamente, ;) --Xabier Cid 11:56, 15 xaneiro 2008 (UTC)

xuntanza-ceanza

[editar a fonte]

hai uns días propuxen unha xuntanza-ceanza a celebrar en Pontevedra o 8 de febreiro, co gallo do enterro do Loro Ravachol. Sei que non tod@s estaredes preto nesa data, pero gustaríame animarvos @s que poidades a acercarvos, pasalo ben e coñecérmonos. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 00:59, 30 xaneiro 2008 (UTC)

Imaxes sen Orixe

[editar a fonte]
Imaxe:Yourcenar6.jpg
Imaxe:Yourcenar.jpg
serán borradas se non se lles engaden os datos precisos

Estas imaxes, subidas en abril e maio de 2007 carecen de orixe e de licenza. Tódalas imaxes que se suban a esta wiki teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. Ademais tódolos arquivos deben de ter dous datos expresos: a licenza ou "copyright" e a orixe ou "source".

A orixe: A orixe ou fonte da imaxe é un dato que indica de onde foi tirada a imaxe e que serve para comprobar que a licenza é correcta. A orixe colocarase ben en forma de ligazón a unha páxina web, ben incluíndo os datos dun libro (dito libro ou dita imaxe ten que estar no dominio público) ou indicando que é unha fotografía tomada por ti (Obra propia (''self made'').
É dificilísimo encontrar unha foto nunha páxina web ou nun libro que estea no dominio libre. Isto en parte débese a que os dereitos de autor caducan o 1 de xaneiro seguinte á data en que se cumpren 70 anos da morte do fotógrafo (non do individuo obxecto da foto) e a que, segundo a legislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web tenga copyright. Polo tanto, se nunha páxina web non pon nada, ten "copyright", e as fotos, en principio, non se poden subir (agás que se dea a condición dos 70 anos expresada antes). Só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen que as imaxes están no dominio público e permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.

Dado que é dificilísimo que se dean estas condicións, alimentámo-la Galipedia (Wikipedia galega) fundamentalmente con fotos feitas por usuarios ou imaxes antigas. Ademais hai que pensar que unha obra derivada (unha foto dunha imaxe con "copyright") ten tamén "copyright" e non se pode subir (Véxase a política de uso de imaxes ou Commons:Obras derivadas)

A moitos usuarios lles sorprende o celo que procuramos ter coas imaxes para non atentar contra os dereitos de autor. Pensa que é crucial para a estabilidade do proxecto pois hai moitos intereses creados en contra de que todo o que poida ser cultura estea no dominio público.
A licenza: Como che dicía, os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza ou "copyright" e a orixe ou "source".
A licenza escríbese nos datos da imaxe entre dobres chaves (por exemplo {{GFDL}}). Tes unha relación de licencias en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe. Nesa páxina, verás unha táboa con tres columnas. A columna do medio indica o xeito de escribirse a licenza na Wikipedia galega (Galipedia). A columna da esquerda ten unha ligazón que serve para ve-la licenza que se coloca na imaxe, facendo click sobre unha das ligazóns que aparecen verás o que significa cada licenza.

Non só se poden subir imaxes á Galipedia. Tamén se poden subir a Commons (En commons só se poden subir fotos e material multimedia). A terceira columna indica a denominación das licenzas en Commons. As imaxes subidas a Commons incorpóranse ós artigos do mesmo xeito cás subidas á Galipedia, pero poden empregarse tamén nas wikipedias noutras linguas.
En Commons (hai unhas 2.500.000 arquivos) poderás encontrar imaxes que están no dominio libre (permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial) para colocar nos artigos da Galipedia (non é preciso subilas de novo) ou nos teus traballos. Levamos xa un tempo traballando na Categoría Galicia.

¿Como incorporar os datos ás imaxes? ¿Cómo incluír eses datos cuando vas subir unha imaxe?
No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon Summary. Podes poñer aí os datos e así non tes que editar despois a foto.

¿Como indicalo cando unha imaxe xa foi subida?

  • Accede á foto.
  • Una vez que accediches, fai click na pestana editar que está na parte superior.
  • Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Lembra que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres parénteses: {{PD-self}}, {{GFDL-self}}
  • Garda a páxina


Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo

Petición Ola, son novo por equí e son o que escomenzou a páxina sobre a Terra de Francisco Xosé. Hai unha imaxe "anotada" en inglés na páxina inglesa que cecais sexa máis útil ca "anotada" en alemán. Por outro lado, a millor é a da páxina rusa, anque "anotada" en ruso. ¿Podemos cambiala pola "inglesa" millor? Un saúdo. --Baaden 19:12, 3 febreiro 2008 (UTC)

Imaxe da Illa de Francisco Xosé

[editar a fonte]

Efectivamente, tes razón, pero ten que seres algún problema da configuración da galipedia. De feito o png é un formato recoñecido. Investigarei a ver polo que non se ve. Parece como se non localizara a imaxe. O de por a inglesa é porque mais ou menos caseque todos demos inglés no bacherelato, mentras que o alemán é máis minoritario. O da imaxe rusa queda máis "cool" pero é menos útil incluso ca alemán. Grazas!!!

Imaxe sen licenza e/ou orixe

[editar a fonte]
Perigo
Esta imaxe será borrada por carecer de licenza e de orixe
Perigo


Image:Escultura 1.jpg


A estas só lles falta a orixe:
Imaxe:Escultura III.jpg
Imaxe:Escultura II.jpg

Ola Todesfuge, grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso desta/s imaxe/s cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes que se suban a esta wiki teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. Ademais tódolos arquivos deben de ter dous datos expresos: a licenza ou "copyright" e a orixe ou "source".

A orixe: A orixe ou fonte da imaxe é un dato que indica de onde foi tirada a imaxe e que serve para comprobar que a licenza é correcta. A orixe colocarase ben en forma de ligazón a unha páxina web, ben incluíndo os datos dun libro (dito libro ou dita imaxe ten que estar no dominio público) ou indicando que é unha fotografía tomada por ti (Obra propia (''self made'').
É dificilísimo encontrar unha foto nunha páxina web ou nun libro que estea no dominio libre. Isto en parte débese a que os dereitos de autor caducan o 1 de xaneiro seguinte á data en que se cumpren 70 anos da morte do fotógrafo (non do individuo obxecto da foto) e a que, segundo a legislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web tenga copyright. Polo tanto, se nunha páxina web non pon nada, ten "copyright", e as fotos, en principio, non se poden subir (agás que se dea a condición dos 70 anos expresada antes). Só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen que as imaxes están no dominio público e permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.

Dado que é dificilísimo que se dean estas condicións, alimentámo-la Galipedia (Wikipedia galega) fundamentalmente con fotos feitas por usuarios ou imaxes antigas. Ademais hai que pensar que unha obra derivada (unha foto dunha imaxe con "copyright") ten tamén "copyright" e non se pode subir (Véxase a política de uso de imaxes ou Commons:Obras derivadas)

A moitos usuarios lles sorprende o celo que procuramos ter coas imaxes para non atentar contra os dereitos de autor. Pensa que é crucial para a estabilidade do proxecto pois hai moitos intereses creados en contra de que todo o que poida ser cultura estea no dominio público.
A licenza: Como che dicía, os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza ou "copyright" e a orixe ou "source".
A licenza escríbese nos datos da imaxe entre dobres chaves (por exemplo {{GFDL}}). Tes unha relación de licencias en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe. Nesa páxina, verás unha táboa con tres columnas. A columna do medio indica o xeito de escribirse a licenza na Wikipedia galega (Galipedia). A columna da esquerda ten unha ligazón que serve para ve-la licenza que se coloca na imaxe, facendo click sobre unha das ligazóns que aparecen verás o que significa cada licenza.

Non só se poden subir imaxes á Galipedia. Tamén se poden subir a Commons (En commons só se poden subir fotos e material multimedia). A terceira columna indica a denominación das licenzas en Commons. As imaxes subidas a Commons incorpóranse ós artigos do mesmo xeito cás subidas á Galipedia, pero poden empregarse tamén nas wikipedias noutras linguas.
En Commons (hai unhas 2.500.000 arquivos) poderás encontrar imaxes que están no dominio libre (permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial) para colocar nos artigos da Galipedia (non é preciso subilas de novo) ou nos teus traballos. Levamos xa un tempo traballando na Categoría Galicia.

¿Como incorporar os datos ás imaxes? ¿Cómo incluír eses datos cuando vas subir unha imaxe?
No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon Summary. Podes poñer aí os datos e así non tes que editar despois a foto.

¿Como indicalo cando unha imaxe xa foi subida?

  • Accede á foto.
  • Una vez que accediches, fai click na pestana editar que está na parte superior.
  • Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Lembra que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres parénteses: {{PD-self}}, {{GFDL-self}}
  • Garda a páxina


Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo.

Lmbuga Commons - Galipedia 18:45, 20 febreiro 2008 (UTC)

Ola Lara. Grazas por responderes.

O que fixeches non ten que ver co que eu che indicaba. Mesmo -dígocho sen ánimo de ofenderte pois a todos nos resultou difícil saber o que había que facer ó comezo- o que fixeches non ten moito sentido nalgúns casos.

O mellor que podes facer é o seguinte (e quedarán correctas):

  • 1.Accede a cada unha das fotos
  • 2.Cando teñas en pantalla unha foto fai click na pestana editar
  • 3.Borra o texto que apareza
  • 4.Copia nesa páxina (é a datos da imaxe) o texto seguinte:

{{Information|
|Description= Comentario sobre o motivo da foto que facilite o seu emprego na Galipedia
|Source= ligazón ou cita á fonte de onde se pillou a imaxe. Se a imaxe é de autoría propia debe expresarse poñendo autoría propia
|Date= engade a data
|Author= http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=User:nome do usuario que realizou a imaxe
|Permission= Características da licenza (Dominio público, GFDL, compartir igual,...)
|other_versions=
}}
Indíquese a {{Licenza}} entre dobres chaves

  • 5. Completa ese texto substituíndo o que está en verde. Non fai falla que poñas máis dunha licenza. A primeira que utilizaches foi {{Cc-by-sa-2.5-es}}. Se utilizas esa, en Permision= pon:

|Permission= Compartir igual. Recoñecemento. Cc-by-sa-2.5-es

Cando subas unha nova imaxe, copia ese texto de novo cumplimentándoo.

Cando as imaxes estean ben, comentareiche algunha cousa máis sobre as imaxes, pois dúas delas poden non estar no dominio libre e ter copyright.

Calquera dúbida que teñas, por pequena que sexa ou absurda que che pareza, faima saber. Non nacimos aprendidos. A min tamén me custou aprender isto. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 16:30, 21 febreiro 2008 (UTC)

  • Agora están ben. Así e todo insisto en que as imaxes de estatuas que están en interiores poden ser copyvio. As de exteriores non. Non importa que as fotos fosen realizadas por ti. As estatuas de interiores, a non ser que o autor das mesmas morrese fai máis de 70 anos, teñen dereitos de autor e non permiten a realización de obras derivadas (fotografialas) nin o uso comercial, cando tódalas fotos postas na Galipedia teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. Estudarei a fondo un destes días o caso desas fotografías, inda que quizais -só quizais- me conviñese saber en que museo están.
Se queres saber máis de imaxes le Wikipedia:Política de uso de imaxes. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:33, 22 febreiro 2008 (UTC)
Ola de novo. Co que dis, inda se complica máis a situación das imaxes. Todo o material da Galipedia debe ser verificable. As orixes das imaxes deben ser verificables, en caso de que non sexan verificables deben ser borradas. Ademais, na Galipedia non se poden publicar imaxes de terceiros pois non hai un sistema creado para a cesión de permisos. Si se poderían publicar en Commons (explícase en Commons:OTRS), pero é un procedemento moi complicado que, pola dedicación que supón e posto que xa o hai en Commons, non creo que se desenvolva polo de agora na Galipedia.
Pensa que nós publicamos a imaxe permitindo a creación de obras derivadas e o uso comercial, ¿sábeo o autor?, ¿sabe que alguén podería facer unha copia da súa estatua?. De aí o complicado do procedemento en Commons.
Por outra banda, se o autor decide nun momento determinado non permitir o uso, ¿que pasaría? Teriamos que borrar unhas imaxes cando xa alguén as puido empregar considerando que están no dominio libre.
Síntoo, pero as imaxes de estatuas en interior das que falamos teñen que ser borradas: Non son self made (orixe non verificable). Sempre poderías subilas a Commons seguindo OTRS (a caixa de datos para a subida de imaxes a Commons é a mesma ca na Galipedia). Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 18:49, 24 febreiro 2008 (UTC)
  • Creo que non entendes o meu proceder con estas imaxes e contigo, procurarei exlicalo). Xa sei que che gustaría mantelas, non entendo que me digas algo tan evidente: Eu son un usuario máis, mais con certas funcións, tamén eu preferiría non borralas, pero o proxecto non funciona por apetencias, hai que seguir as normas e procurar a estabilidade do proxecto inda que iso supoña borrar imaxes concretas. Na anterior mensaxe expliqueiche algún dos riscos que pode presentar ter estas imaxes. Non podemos mantelas, non podemos correr riscos e vernos nun proceso xudicial. Se queres que se manteñan, tes que volvelas subir, pero non á Wikipedia, tes que subilas, seguindo os pasos expresos en Commons:OTRS a Commons (as imaxes de Commons poden empregarse en tódalas wikipedias coma se estivesen subidas a cada unha delas).

¿Por que non borrei aínda as imaxes? Simplemente, tiña tempo para abrir diálogo, e pareceume pouco dialogante borralas e logo comentarcho (iso é o que acostumo a facer).

Non abonda con que o autor (das imaxes e das estatuas) saiba que están no dominio público. É necesario que saiba exactamente o que implica que están no dominio úblico (de aí este texto de Commons que o autor tería que enviar por correo), é necesario que escolla unha licenza das moitas que hai no dominio público, é necesario que saiba que non pode retractarse nunca... Pero tamén é necesario que o persoal da organización (Wikimedia) encargado disto teña constancia directa de que sabe todo iso e de que dá o seu permiso. En conclusión: Non abonda co que ti digas e que non abonde non é decisión miña.

Por outra banda -e non é unha ameaza (entendo que puxeches tal cousa por ser nova no proxecto)- o feito de que puxeses nas imaxes autoría propia e non sexas ti a autora das mesmas, é motivo de bloqueo. Só cho digo para que te deas de conta da gravidade que para os que traballamos no proxecto pode ter tanto esa actuación como o feito de que se suban á Galipedia imaxes de terceiros. Ollo con non facer tal cousa en Commons pois o normal sería que non se entrase a dialogar, o bloqueo sería inmediato.

Estou encantado de que colabores connosco, pero as imaxes hai que borralas. Procedo a borrar as tres. Asegúroche que non é un acto co que disfrute e que non procede que me mandes unha mensaxe á miña páxina de discusión que parece que chama á miña boa vontade, pois teño esa boa vontade, pero non é cousa de boa vontade e xa crin telo aclarado previamente a esta mensaxe.

Se decides subilas a Commons e tes algunha dificultade, contacta comigo. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 21:25, 24 febreiro 2008 (UTC)

Re:Desculpas (e desculpas)

[editar a fonte]

Descúlpame ti a min. A verdade é que non me enfadei, nin me sentín molesto contigo. Quizais o problema que teña á hora de expresarme sexa, por unha banda, o de procurar ser efectivo dedicando a cada cousa o menor tempo posible, para así poder facer outra, pois tempo non teño moito (iso provoca ás veces secuencias concisas que poden resultar tallantes). Por outra banda, cando vexo que me teño que estender, sinto certo malestar (pero ese malestar non ten que ver co usuario), está en min. Neses momentos penso "20 ou 30 minutos" con isto..." e sinto unha certa desazón. Quizais debería procurar agachar máis esa desazón, así e todo, prefiro normalmente a posteriori desculparme e ser espontáneo no momento pois creo que me fago entender mellor e que, ademais, consigo facer ver ós usuarios a complexidade da relación no wiki (creo que é mellor que a pouquiña cousa que pasou entre nós che pase comigo, pois eu sempre saberei rectificar -coma agora- se o trato puidese ter sido mellor)

Desexo que teñas claro que se me estendín e actuei como actuei contigo é porque me pareces unha colaboradora excelente para a Galipedia. En ningún momento fixen unha valoración negativa de ti como usuaria, nin creo que ninguén deba permitirse o luxo de facela. Aprender leva tempo. Eu non o sei todo. Por iso é moi importante colaborar e ter confianza nos outros. Sinceramente, o teu último comentario axúdame a ter esa confianza. Non dubides en pórte en contacto comigo cando desexes, inda que che pareza que é por unha cuestión menor. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 12:22, 27 febreiro 2008 (UTC)

Categoría Escritores

[editar a fonte]

Ola, Lara. Borrei unha categoría que crearas porque é redundante con outras xa existentes. Os escritores están na actualidade clasificados pola lingua en que escribiron, e despois, incluídos nunha categoría maior chamada Personalidades da literatura. :) Un saudiño.--Xabier Cid 8:16, 25 marzo 2008 (UTC)

Aha, non te preocupes. O de escritores españois do século XVI ten algúns problemas. Creo que é mellor que sinales en lingua española ca españois. E despois, o dos séculos... cando nacen ou cando morren? Non sería mellor clasificalos por movementos?, p.ex., escritores do renacemento español? --Xabier Cid 20:24, 25 marzo 2008 (UTC)
Tes razón co dos estilos e coa dificultade que hai para categorizar por eles. Pero tamén é verdade que é algo significativo, é dicir, a categoría ten "sentido" como conxunto. Unha categoría de escritores españois do século XX entraría Azorín e Lucía Etxeberría, por exemplo, e o único que serviría é para que a categoría "escritores en lingua española" fose máis pequena... Non che digo isto como crítica, senón como reflexión en voz alta... Eses son os problemas máis difíciles, :) Un saudiño--Xabier Cid 02:13, 26 marzo 2008 (UTC)
Efectivamente, hai opinións para todos os gustos... Ese argumento tamén se pode usar ao revés: en que século colocamos a Cervantes para que alguén o atope por séculos? (e mira que digo Cervantes, que é un escritor coñecido, porque se baixamos o nivel, en que século debemos buscar o marqués de Santillana, por exemplo? creo que aí se mesturan dúas cousas: por un lado, a función distributiva da categoría (como clasificar a alguén co maior rigor posíbel de maneira que exista unha etsrutura operativa e coherente en toda a wikipedia) e por outra, as categorías como forma de "crear" coñecemento. Se clasificamos os escritores por linguas, todos os escritores teñen que clasificarse desa maneira e ningún quedará sen lingua. Pero se creamos unha categoría que sexa Xeración do 98, por exemplo, non significa que obrigatoriamente a Garcilaso o teñamos que meter nun estilo ou movemento determinado. Non quero que entendas estas cousas que che digo como unha correción, senón como un punto de vista distinto para que analices ti o que debes facer. :)
Noutra orde de cousas, vou desfacer algunhas das páxinas que creaches cos apelidos. Iso debemos deixalo unicamente para apelidos que funcionen de verdade como pseudónimo, e incluso nese caso debemos ser coidadosos. --Xabier Cid 11:26, 26 marzo 2008 (UTC)
Non, non deberían ir como redirección. É verdade que a algúns escritores ás veces os coñecemos polo apelido e descoñecemos o nome, pero iso non quere dicir que funcionen como pseudónimo real, que é o punto en que deberiamos facer dese xeito. Quizais, como ti dis, o de Mallarmé poida ser diferente. O procedemento mellor sería mudar as ligazóns que puidese haber a Lacan ao longo da wikipedia polo título correcto... A política de referencia, á que podemos achegarnos máis ou menos, pero cara á que debemos camiñar, é que non debemos crear redireccións por sistema, e que debemos aforrar o máis posíbel estas redireccións, :) --Xabier Cid 12:11, 26 marzo 2008 (UTC)
Non hai nada que perdoar, :), que aquí ninguén está pecando... Non é que non se poidan usar as redireccións, senón que unha xeneralización das redireccións é incorrecta. Vouche poñer un exemplo: Pondal e Castelao. Todos sabemos a quen nos referimos. Porén, non sería lóxico que Pondal fose unha redirección a Eduardo Pondal, mentres que Castelao si que debería selo, en tanto que pseudónimo na práctica, do autor. En realidade, quitando casos illados, sempre é máis coñecido o apelido có nome nos escritores, pero iso non nos debe facer levar a un sistema de múltiples redireccións. En todo caso, que aínda non cho dixen, parabéns (moitos) polo traballo que levas facendo. --Xabier Cid 15:01, 26 marzo 2008 (UTC)Se antes poño o exemplo de Pondal antes resulta errado..., en fin --Xabier Cid 15:02, 26 marzo 2008 (UTC)

Imaxe borrada

[editar a fonte]

Ola Lara. Borrei esta imaxe Imaxe:Vladimir Nabokov.jpg, pois ti mesma lle puxeches a etiqueta "sen licenza". Para substituíla engadin 2 imaxes ó artigo Vladimir Nabokov (bo traballo co artigo) e a ligazón a máis imaxes de Commons. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 20:42, 25 marzo 2008 (UTC)

  • Xa me dera conta de que a cargaras cando inda non habías ter moitos coñecementos, pero esquecín dicilo para que non te sentises responsable desa acción. Son cousas normais. Por exemplo, as dez ou quince primeiras imaxes miñas foron borradas porque lles puxen unha marca co meu enderezo de correo ou co meu nome. E tivéronme que ir avisando de moitas outras cousas... e seguramente avisaranme de máis. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 12:13, 26 marzo 2008 (UTC)
  • Ola de novo. Vou borrar outra imaxe. Comunícocho só por que é o meu deber xa que alguén a marcou como sen licenza e orixe e a ti non che dixo nada. Se estás en desacordo recupéroa. Sexa como sexa, non te apures, que non pasa nada. Bórroa porque a imaxe Imaxe:Beckett.jpg ten 88 × 116 píxeles, non ten licenza nin orixe, é de cando comezaches e non está ligada a ningunha páxina. Ánimo. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 20:02, 27 marzo 2008 (UTC)

Ola, Lara, moi ben por marcares artigos coa etiqueta de lixo. :) Parabéns. Para outra vez, a non ser que haxa insultos ou cousas realmente daniña, é mellor que non quites o texto anterior. Pon a etiqueta, pero non pises o que había antes... Se non hai texto, os administradores acudimos ao historial pra saber cal é a razón do borrado, e perdemos algo do tempo, e se o deixas, vai todo máis rápido... ;) Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 21:19, 24 maio 2008 (UTC)

Fragmentos

[editar a fonte]

Pois cóllesme un chisco a traizón... xa que non ando moi enterado. Aínda así, creo que as obras, para que pasen ó dominio público, teñen que pasar 70 anos da morte do autor da obra, así que penso que a copia de textos con copyright non é posible (vivos ou mortos hai menos de 70 anos). De tódolos xeitos vou procurar enterarme e darche unha mellor resposta. Un saúdo. AlberteSi, digame? 16:08, 14 xuño 2008 (UTC)

Ola, Lara, desculpa o retraso en responderche con respecto a The Hours. Fixeches un traballo estupendo. Ora ben, :), xa puntualizando, creo que é mellor deixar The Hours para o libro ou para a páxina de homónimos, e deixar como ti fixeches o de The Hours (filme) para o filme. Agora vou fusionar os historiais, que é algo que temos que facer os administradores, e listo. Pero fixeches todo o que podías facer moooi ben feito. --Xabier Cid Conversa 15:02, 10 xaneiro 2009 (UTC)

Ola, Lara, :) Non sei que fixeches na miña páxina de conversa, :) As mensaxes esas xa as arquivara... :) Que foi? --Xabier Cid Conversa 13:41, 11 xaneiro 2009 (UTC)
Nada, ho. Imaxinei que fora algo así, pero quedei coa dúbida de se había algo que me querías dicir e se perdeu no trafego... --Xabier Cid Conversa 23:29, 12 xaneiro 2009 (UTC)

Ola, Lara; Fixen unhas edicións menores no artigo de Frei Luis de León, e dado que tes o marcador de "en uso", prefiro comentarcho. Puxen unha ligazón interna cara a Lira (poesía) en vez de a "Lira, poesía", e puxen o cabezallo conforme o formato usado na galipedia, coas datas e lugares de nacemento e morte sen estar entre parénteses.

Agardo que non che molestase. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 22:16, 21 de xuño de 2010 (UTC)

Pregunta sobre o uso do nome de usuario Lara

[editar a fonte]

Ola, eu son Usuario:Jennavecia na Wikipedia en inglés. O meu nome real é Lara e eu quere empregar o nome na en.wiki. Sen embargo, primeiro debe estar seguro que non quere crear o nome do usuario como Lara nome de login unificado.

Pido desculpas se miñas Galacian é pobre. Eu usei un programa de tradución, porque eu non ler ou escribir en Galacian. Grazas. Jennavecia 05:40, 29 de agosto de 2010 (UTC)

Foto da Pasionaria

[editar a fonte]

Ola, Lara. Dous comentarios pequechos sobre a foto da Pasionaria. :)

  1. A foto estaba orixinalmente subida a Commons. Iso quere dicir que na Galipedia podemos, polo menos tecnicamente, empregar a imaxe sen problema. Non é necesario cargala de novo. Incluíndo o nome de arquivo chegaría.
  2. Cando ti a creas, deberías en todo caso manter a licenza orixinal, é dicir, que o autor da foto é o usuario Nemo de Commons, que a licenza que lle puxo el é Creative Commons (by-sa-3.0), e non GNU-GPL, etc.

O que habería que facer é corrixir a licenza dende o principio; pero como en realidade non é necesario crear a imaxe porque xa está en Commons, pois vouna marcar para borrar: é a solución menos laboriosa para todos, e a máis cómoda. Paréceche?

Ademais, e por outra parte, teño infinitas reservas sobre a foto subida por Nemo a Commons... pero esa é outra historia, ;) Un saudiño, e se tes calquera dúbida, pregúntame sen medo! :) --Xabier Cid Talk, please 23:52, 16 de novembro de 2010 (UTC)

heheh, :) Non te preocupes. Cando unha foto estea xa subida en Commons, a almacenaxe é iso, común. Non necesitas nada: simplemente escribes o enderezo, e xa aparece, xa podes usala. --Xabier Cid Talk, please 07:51, 17 de novembro de 2010 (UTC)

Orixe descoñecida

[editar a fonte]
Perigo
Esta imaxe será borrada por non se poder comprobar a licenza
Image:P1020238.JPG

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:P1020238.JPG', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.

  • Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
  • Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes


--. HombreDHojalata.conversa 22:11, 4 de xullo de 2011 (UTC)

Cuestionario onomástica

[editar a fonte]

Ola, Lara! Déixoche aquí esta mensaxe porque non tes activada a opción de mandarche un correo electrónico.

Sei que hai tempo que non editas na Galipedia, pero quería pedirche un favor:

Como quizais xa sabes, estou a cursar o Grao de Lingua e Literatura Galegas na USC. Este ano teño unha materia chamada Onomástica, e vou facer un traballo de investigación sobre os nomes de usuario das persoas que editan na Wikipedia en lingua galega. Consultei bibliografía sobre nicks e alcumes en chats e redes sociais, e de momento non hai moito material escrito. De feito, creo que este traballo será pioneiro na materia en lingua galega. O primeiro paso é elaborar un cuestionario que estou a enviar aos usuarios con máis edicións (activos e inactivos) co obxectivo de entender as motivacións á hora de escoller un nome.

Agradecería moito a túa colaboración; podes responder ao formulario aquí.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de outubro de 2013 ás 12:22 (UTC)[responder]

Global account

[editar a fonte]

Hi Lara! As a Steward I'm involved in the upcoming unification of all accounts organized by the Wikimedia Foundation (see m:Single User Login finalisation announcement). By looking at your account, I realized that you don't have a global account yet. In order to secure your name, I recommend you to create such account on your own by submitting your password on Special:MergeAccount and unifying your local accounts. If you have any problems with doing that or further questions, please don't hesitate to contact me on my talk page. Cheers, DerHexer (conversa) 12 de febreiro de 2015 ás 17:44 (UTC)[responder]

Votación das imaxes de Wiki Loves Parroquias

[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Votación_das_imaxes_de_Wiki_Loves_Parroquias hai un aviso de que comeza a votación das fotos do concurso Wiki Loves Parroquias. A votación durará ata o 30 de novembro e anímase a tódolos usuarios a participar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 1 de novembro de 2019 ás 07:57 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Día_do_Galizionario_na_Galipedia

[editar a fonte]

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Día_do_Galizionario_na_Galipedia hai unha nova proposta de colaboración, todas as achegas son benvidas. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 14 de novembro de 2019 ás 16:12 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Precísanse 55 editoras e editores para a quinta Wikimalla

[editar a fonte]

Boas, a semana que ven, dende o luns 25 ata o domingo 1, temos a quinta Wikipedia:Wikimalla da Galipedia na que este ano imos traballar amañando os artigos de Categoría:Artigos sen formato wiki, segundo estivemos falando na taberna. Nestes momentos nesa categoría temos 1078 artigos, se 55 editoras e editores traballan nesta tarefa durante esta semana, só precisaremos que cada un deles amañen 20 artigos, é dicir, só terían que amañar 3 artigos ó día.

Que unha persoa amañe 1000 artigos é unha tarefa moi complicada e pesada, pero que 55 usuarias amañen 3 artigos ó día durante unha semana, iso non é nada! Anímate a colaborar nesta tarefa e axúdanos a mellorar a calidade global da Galipedia! Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 24 de novembro de 2019 ás 18:59 (UTC)[responder]

Obradoiro de iniciación á edición da Galipedia no Culturgal

[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Obradoiro_de_iniciación_á_edición_da_Galipedia_no_Culturgal hai unha nova do vindeiro obradoiro de iniciación á edición que A3GAL vai realizar no Culturgal. Se coñecedes xente que poida estar interesada na provincia de Pontevedra, podedes avisalos da realización desta actividade. Tedes máis información na nova. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 28 de novembro de 2019 ás 09:48 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Paro técnico o vindeiro martes 1 de setembro

[editar a fonte]

Boas, na sección de novas da Taberna hai un aviso sobre unha proba técnica que se vai realizar nos servidores da WMF. Esta operación está programada para o vindeiro martes 1 de setembro e vai afectar ás tarefas de edición en todas as wikis. Tedes máis información no propio aviso. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 27 de agosto de 2020 ás 23:26 (UTC)[responder]


Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu nome desta lista.