Conversa usuario:Tremo72
Benvido á Galipedia. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia galega en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Agardamos que esteas a gusto colaborando con nós e para calquera cousa non dubides en preguntar, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 15:43, 14 xaneiro 2006 (UTC)
- Únome ao saúdo de benvida, sempre apreciamos a chegada de novos colaboradores. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:09, 14 xaneiro 2006 (UTC)
- Ola, moi benvido. Á parte da benvida, dicirche que para artigos traidos do portugues, póidoche pasar un tradutor (de balde, por suposto).Pódesmo pedir aqui: [[1]]. Saúdos & benvido. --XoseL 20:49, 14 xaneiro 2006 (UTC)
Orixe descoñecida
[editar a fonte]
|
Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Projecto Mourente orgulho2007 NataliaCordeiro 2.jpg', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.
Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.
- Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
- Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.
Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí
Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes
Lmbuga Commons - Galipedia 17:14, 13 decembro 2007 (UTC)
Imaxes sen datos
[editar a fonte]Ola Tremo72, grazas por subir esta imaxe. Por falta de datos obrigados, que probablemente non puxeches por descoñecemento, a foto que subiches podería ser borrada.
Paso a explicarche os datos que fan falla e como incorporalos
¿Que debes indicar?
De onde procede a imaxe
- Se a imaxe é dunha páxina Web, é obrigado colocar un enlace (ligazón) ao lugar exacto do que se recolle a imaxe. Sexa cal for a orixe dunha imaxe, en devandita orixe ten que poñer que se permiten as obras derivadas e o uso comercial. Se no sitio web non aparecen expresos estes conceptos a imaxe poderá ser borrada por violación dos dereitos de autor.
- se a imaxe é da túa propia autoría, indícao claramente (escribe elaboración propia, eu son o autor...). Se o obxecto que fotografías ten os dereitos de autor restrinxidos (portada dun CD, de libros, programas de tele, pósters,...), a túa foto tamén ten eses dereitos restrinxidos (Tes máis información en Commons:Obras derivadas) e non se pode subir á Galipedia.
- se a copiaches doutra Wikipedia, coloca un enlace exacto á páxina da imaxe orixinal. Non abonda con dicir que a imaxe se tomou doutra Wikipedia; é necesario indicar o lugar exacto. Ten en conta tamén que algunhas outras Wikipedias, como a inglesa, admiten imaxes baixo a cláusula de fair use que aquí non son aceptables por cuestións legais.
¿Cal é a licenza da imaxe?
- Se ti fixeches a imaxe, e non é unha obras derivadas, debes utilizar unha das admitidas e expresadas en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe, por exemplo {{GFDL-propia}} ou {{PD-propia}}.
- Se é unha obra derivada doutra imaxe ou foto, é posible que teñas que poñer a mesma licenza que tiña a imaxe orixinal.
- No caso de que sexa copiada dalgún sitio, debes poñer a licenza que nese sitio tiña. Se non sabes a licenza que ten no lugar orixinal, pregúntame indicándome a orixe.
Todas as imaxes que se soben á Galipedia e a Commons deben permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. Pero hai máis matices, por iso é polo que hai varias posibles licenzas. A licenza {{PD}} coloca a imaxe no dominio público sen restricciones. En poucas palabras, a licenza {{GFDL}} obriga a que, se se utiliza a imaxe se nomeen os datos que esta ten (autor, lugar de onde se obtivo,...).
¿Como indicalo cando unha imaxe xa foi subida?
- Accede ás túas fotos.
- Unha vez que accediches, fai click na pestana editar que está na parte superior.
- Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Recorda que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres parénteses ({{PD}},...)
- Garda a páxina
¿Como indicalo cando vas subir unha imaxe?
No momento da subida hai unha caixa na cal podes escribir que pon Descrición. Podes poñer aí os datos e así non tes que editar despois a foto
A cousa como ves non é doada. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dúbida. Un cordial saúdo.--Lmbuga Commons - Galipedia 17:15, 13 decembro 2007 (UTC)
Asina as mensaxes nas páxinas de conversa
[editar a fonte]Ola Tremo72. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa.
Graciñas, un saúdo e a seguir! ☣Banjo tell me 16 de outubro de 2015 ás 12:08 (UTC)