Conversa usuario:Vaneiris
Benvido(a) á Galipedia, Vaneiris!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 17:18, 23 setembro 2009 (UTC)
Lubián
[editar a fonte]Ola Vaneiris! Repito o que dixen a Omuxian: borrei o artigo porque ademais de estar duplicado, tiña un marcador que indiicaba que Lubiáns era un nome incorrecto, polo que quedou o de Lubián. Paréceme ben que esteades a probar coa wikipedia, mais non se debería uitliza-la enciclopedia para facer experimentos, porque corrixir todo dá moito traballo. Evidentemente sempre hai cousas que mellorar, pero sería moi importante que antes de editar lerades as páxinas de axuda para saber como se fan redireccións, como se categoriza unha imaxe, que é o copyright (non se poden subir imaxes que o teñan ou na que falten datos), e sobre todo, que contido é ou non enciclopédico. Convídosvos pois a ler as seguintes páxinas antes de seguir editando: Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Introdución e Wikipedia:Guía. Máis nada, agardo que vos sirvan de axuda. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 18:03, 23 setembro 2009 (UTC)