Conversa usuario:Vazvilpa
Benvido á Galipedia, Vazvilpa!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
![]()
|
Boa estadía e bo traballo. --JaviP96 28 de abril de 2013 ás 20:13 (UTC)
Formatos
[editar a fonte]Boas noites, Vazpila. O problema era simple: non debes comezar os párrafos con espazos a modo de sangría de primeira liña. E debes separar os parágrafos cun doble salto porque se non aparecerán unidos nun só longo parágrafo. Agora quédache corrixir o texto, aplicar ligazóns internas e, sobre todo, achegar fontes das que quitas a información, xa que na galipedia son imprescindibles as referencias que apoien o que un escribe. Sempre que necesites axuda, aquí estaremos. Pedro --Lameiro (conversa) 28 de abril de 2013 ás 22:40 (UTC)
- En calquera caso, repasa a Guía de edición. Pedro --Lameiro (conversa) 28 de abril de 2013 ás 22:43 (UTC)
- Gracias pola información, Lameiro, un saúdo! (Vazvilpa, 29 de abril de 2013 ás 19:42).
- Non hai de que, ho, que pa iso estamos. Outro par de apuntamentos: cando queiras contestar a unha mensaxe, faino na páxina de conversa do usuario a quen te dirixas, non na túa propia páxina; e non esquezas asinar (e datar) as mensaxes. Saúdos, Pedro--Lameiro (conversa) 29 de abril de 2013 ás 17:47 (UTC)
- Gracias pola información, Lameiro, un saúdo! (Vazvilpa, 29 de abril de 2013 ás 19:42).
Cortesía verbal
[editar a fonte]Benvido Vazvilpa, vin o outro día o artigo que comezaches de cortesía verbal, e como non sei moito do tema quería saber se a idea do artigo pode equipararse co do artigo na wiki en castelán es:cortesía, xa que se fose así penso que sería mellor cambiarlle o nome e engadille o que aquí chamamos interwikis. Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de abril de 2013 ás 22:35 (UTC)