Conversa usuario:Vero85
Benvido(a) á Galipedia, Vero85!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo. --☣Banjo tell me 11:31, 30 marzo 2009 (UTC)
Toxicoloxía do monóxido de carbono
[editar a fonte]Boas noites, Verónica. Marquei o artigo Toxicoloxía do monóxido de carbono polas mesmas razóns que levamos expostas varias veces ós teus compañeiros Takhisis ou Nimovich. Bota un vistazo ás súas páxinas de conversa que aí están expostos os problemas dos artigos que estades subindo. Se non arranxas pronto eses problemas o artigo será borrado. Calquera dúbida que teñas podes plantexala sen ningún reparo. Pedro --Lameiro (conversa) 20:02, 29 maio 2009 (UTC)