Saltar ao contido

Conversa usuario:Wikipeixe

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Wikipeixe!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

wikificar

[editar a fonte]

Ola, Comesaña; máis do que che eu poida dicir, podes botar un ollo a artigos xa feitos, que teñen todos os detalles. Pero así a primeira vista, os artigos biográficos deberían ter:

  • datos de nacemento e morte ao comezo
  • estrutura por parágrafos indicando temas distintos ou épocas distintas das vidas dos persoeiros
  • ligazóns internas
  • ausencia de valoracións e opinións

Tes máis referencias, e todo mellor explicado de como facelo en Wikipedia:Guía de edición. Polo demais, aquí estou para botarche unha man. --Xabier Cid 08:07, 28 agosto 2007 (UTC)

  • Ah, si, as categorías... Ao final do artigo, e antes das equivalencias con outros idiomas, insertas [[Category:O que sexa]]. Con todo, se miras o código doutras biografías sempre podes saber como se fai na práctica. Saudiños --Xabier Cid 08:28, 28 agosto 2007 (UTC)

Subida de imaxes.

[editar a fonte]

Ola, benvido, a imaxe que estas a subir carece dos datos necesarios para que poida permanecer. Para cumplimentar eses datos podes usar o cadro que aparece na páxina "Cargar un ficheiro", podes ver exemplos noutras imaxes. Tamén debes valorar se esa imaxe pode ser subida, que licenza ten e se é compatible coa Galipedia. Podes ver todo eso nas páxinas de axuda como Wikipedia:Política de uso de imaxes. Un saúdo, e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 08:53, 7 setembro 2007 (UTC)


Se descoñeces a orixe non podes cargala xa que estarias a vulnerar dereitos de autor. No canto das outras o que che dicí antes é que tiñas que cubrir un cadro como este cando vas a cargar unha imaxe (tamén o podes por despois editando a imaxe):

Descrición

"Imaxe de menganito"

Orixe

feita por mín ou a fonte que sexa: [www.xxx.235465.es]

Data

Data de subida da imaxe

Autor

Autor da imaxe

Licenza
(Reuso deste ficheiro)

Tipo de licenza.


Da que falas que ten unha licenza Commons fíxate en que tipo de licenza, c.c. 2.0, ou 2.5 e nas características delas, fíxate en que deben permitir o uso comercial e obra derivada para seren compatibles coa galipedia, e na páxina que che din hai unha enumeración das licenzas que son válidas que che facilita o traballo. O principal problema de atopar imaxes a través da rede é que moi poucas teñen licenzas que permitan o uso comercial polo que é moi dificultoso atopalas. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 09:24, 7 setembro 2007 (UTC)


Nada, Realmente si. Para algúns casos podes atopar imaxes con licenzas válidas en flickr, pero moitas non son de persoas. Eu para sitios de Galicia en flickr atopei a un usuario galego Freecat que ten todas as súas imaxes con licenza commons 2.0 que permite uso comercial e useinas moito para artigos de mosteiros e castelos, pero ata dar con elas da moita rabia ver tantas e non poder usar ningunha. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 09:33, 7 setembro 2007 (UTC)

P.D.Cando por erro cargues algunha imaxe así podes poñerlle o marcador {{Borrar imaxe}} para que un administrador as vexa e as borre. Saúdos e ata outra. Lansbricae (Ti dirás) 09:37, 7 setembro 2007 (UTC) Perdoa de novo, a imaxe de comesaña1921 pode que sexa válida xa que o autor xa pode levar tempo morto, digo esto porque as imaxes pasan a ser dominio público a partir dos 75 anos da morte do autor creo. O problema sería entón comprobar ese dato. Sempre son problemas. Änimo co traballo

Aviso de eliminación de Image:castelin.jpg

[editar a fonte]
Warning sign Aviso de eliminación de imaxe.
As imaxes

están na lista de Imaxes para borrar. Se vostede pensa que non debe eliminarse, expoña as súas razóns nesta entrada onde se está decidindo que facer coa imaxe.

--Lmbuga Commons - Galipedia 00:15, 17 setembro 2007 (UTC)