Conversa usuario:Xabier Loureiro
Ola, benvido á Galipedia, pódeste poñer en contacto cos outros colaboradores na Taberna ou nas páxinas de discusión dos usuarios. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade, para calquera cousa non dubides en consultar, saúdos--Rocastelo(fálame aquí) 18:43, 14 novembro 2005 (UTC)
- Esta mensaxe é para explicarche porque fixen a edición das Wikipedia:Efemérides Destacadas/18 de maio, retirei onte dúas liñas para facer sitio para unha efeméride galega (as efemérides galegas teñen preferencia) que ocupaba o espazo das dúas anteriores. No resumo da edición puxen: "sustitúo dúas efemérides para poder poñer unha efeméride galega". As efemérides de portada teñen que ter unha extensión determinada e se a extensión é superior descompón un pouco o deseño. Certo é que tamén depende da fotografía que se utilice no seu momento. Volvo a retirar a efeméride sobre a boda por dous motivos: o primeiro xa o dixen antes e o segundo é que non usamos acontecementos sociais dese tipo para a portada. Podería ir nas efemérides do día 18 de maio pero non na portada. Aproveito para darche a benvida xa que non o fixera antes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:14, 18 maio 2006 (UTC)
- dacordo, volvin a inclui-la efemerides, porque penso que a boda dos duques de lugo e un feito da historia da galiza. Pola outra banda, estou dacordo de que é un acontecemento da vida social, e non un feito politico. De todo-los modos, penso que si que debe de ter mencion nalgures ese dia.
- O meu comentario só era sobre a portada, nas efemérides do día non chegou a estar incluida. Ampliando un pouco máis o tema da portada, trátase de que sexan sobre Galicia, cando as haxa (non sempre as hai, polo menos nós non as temos). En ningún caso se trata de que sexan efemérides políticas nin ligadas á actualidade (aínda que pode haber algunha excepción, inténtase que non sexa así). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:54, 19 maio 2006 (UTC)
Ola Xabier Loureiro, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para difundir o que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia que queira aportar pode incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi váliosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:22, 15 setembro 2006 (UTC)
20.000 artigos
[editar a fonte]Ola Xabier Loureiro. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.
Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:
Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.
Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:50, 6 decembro 2006 (UTC)
20.000 artigos
[editar a fonte]Ola Xabier Loureiro. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.
Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:
Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.
Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:52, 6 decembro 2006 (UTC)