Conversa usuario:Xbello
Benvido(a) á Galipedia, Xbello!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo.--Lmbuga Commons - Galipedia 11:00, 6 agosto 2007 (UTC)
Ola de novo. Amais de agradecerche o labor que fas, quería dicirche que en galego o singular de xenes é xene, non xen. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 11:44, 6 agosto 2007 (UTC)
- Cando desexes que ninguén edite un arquivo que estás escribindo, coloca no comezo do artigo {{enuso}}, e terás un mes de prazo para remata-lo arquivo--Lmbuga Commons - Galipedia 11:50, 6 agosto 2007 (UTC)
- Ola, parabéns polos artigos que estas a escribir sobre bioloxía, boteille unha ollada e son interesantes ademais de necesarios na nosa wiki. Tomei a iniciativa de engadir algunhas cousas a maiores no artigo de loci (ademais do cambio de xen por xene). Un saúdo--Calrosfking (FÁLAME) 14:06, 6 agosto 2007 (UTC)
Outro saúdo de benvida
[editar a fonte]Benvido/a á Galipedia Xbello. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:37, 6 agosto 2007 (UTC)
- Boas, a vista de que Prevert non está operativo neste momento por forzas de causa maior, é mellor que empregues a plantilla proposta incluindoa en cada artigo feito a modo de probas, preferible facelo así que crear unha plantilla xeral para todos os artigo do mesmo autor. Posteriormente Prevert poderache dar máis indicacións. Un saúdo en benvido a Galipedia. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 09:57, 8 agosto 2007 (UTC)
- Listo, cumplida a tua peticion--Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 10:18, 8 agosto 2007 (UTC)
- De nada, se tes mais equivocación ou necesitas borrar ises erros non tes máis que indicarmo.--Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 10:37, 8 agosto 2007 (UTC)
Ola Xbello, grazas polas túas colaboracións.
Vin que subiches esta imaxe. Faltáballe a orixe, e púxenme a buscala. Encontrei a mesma imaxe en Commons, exactamente coa mesma denominación. Posto que as imaxes de Commons poden ser empregadas na Galipedia coma se estivesen subidas á mesma Galipedia, propuxen aquí a imaxe que subiches para borrar, pois é innecesaria. Unha vez borrada, a de Commons, que ten a mesma denominación, ocupará o lugar da borrada automaticamente. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 11:18, 26 decembro 2007 (UTC)