Conversa usuario:Xián
Benvido(a) á Galipedia, Xián!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 10:13, 12 de novembro de 2011 (UTC)
Cite as fontes
[editar a fonte]Xián, benvido á Galipedia.
Por favor, bótalle un ollo a: Wikipedia:Verificabilidade
Graciñas e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 19:34, 12 de novembro de 2011 (UTC)
- Si. Tes máis información en Wikipedia:Guía/Fontes. --. HombreDHojalata.conversa 20:45, 12 de novembro de 2011 (UTC)
Libro de estilo
[editar a fonte]Xián, segundo o Wikipedia:Libro de estilo que seguimos na Galipedia. "Ligazóns externas" é un subtítulo de "Véxase tamén".
Estás a facer bo traballo. A seguir. --. HombreDHojalata.conversa 23:40, 7 de marzo de 2012 (UTC)
Re: Dúbida lingüística
[editar a fonte]Ola Xián. Non sei se será de moita axuda, respodín á túa mensaxe en Wikipedia:A Taberna (axuda)#Dúbida lingüística. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:49, 11 de marzo de 2012 (UTC)
Países
[editar a fonte]Ola Xián. Semella que o tema é moito máis grave que o asunto do artigo no nome do país. Moitas grazas por avisar. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:57, 5 de abril de 2012 (UTC)
Lixo
[editar a fonte]Xián, antes de marcar unha páxina con {{lixo}} hai que comprobar na "caixa de ferramentas": "Páxinas que ligan con esta" e modificar as ligazóns internas que fagan falta.
Grazas. --. HombreDHojalata.conversa 18:55, 22 de maio de 2012 (UTC)
son proximo o artista e estou actualizando o articulo con moitos datos curriculares non incluidos.
por que eliminas o que voy facendo? so estou completando os datos das obras publicadas, aquí e no extranxeiro e puntualizando a cronoloxia que sei que he correcta.
o que teño son datos concretos e correctos das suas obras publicadas, non como os que estan no articulo actual os cales son vagos e inconexos.
enton, e millor que o articulo sexa incorrecto?
non teño mais interese que o de ver alguen que sigo axeitadamente representado, sabendo que non o esta agora mesmo.
de calquera xeito "moitas grazas" por eliminar o traballo de redaccion en ligazon que fixen durante a maña de hoxe. moi amable.
Categoría: Familias reais de Hawai
[editar a fonte]Debería ser en plural, familias reais de Hawai, houbo varias casas reais en Hawai.--Xián (conversa) 16:51, 1 de xuño de 2012 (UTC)
Tes razón, debería ser en plural. Deixeime guiar polo nome da categoría en castelán, que está en singular. Como podo facer para cambiar o nome da Categoría? ó non ser unha páxina normal deberíaa marcar como lixo e facer unha nova? Un saúdo e grazas pola achega. --chairego (si?) 0:40, 02 de xuño de 2012 (UTC)
Sinónimos de cinta (alga)
[editar a fonte]Ola Xián, volvín poñer os sinónimos de cinta (alga) no seu artigo, respectando a túa preferencia por cinta. Correa e Correola son nomes populares dados a esta alga, e non teñen por que desaparecer do texto, non che parece? No que respecta ao nome espaguete de mar, entendo a que o eliminases decindo que non se chama así en galego. Tes razón.
O que pasa é que aquí hai un problema práctico: ese foi o nome que escolleron as empresas comercializadoras galegas, Porto Muíños (http://www.portomuinos.com/) e Algamar (http://www.algamar.com/). Se te achegas a un supermercaado (un Gadis, por exemplo) poderás velo.
Realmente escolleron o nome espagueti de mar, coa forma castelanizada da palabra italiana spaguetti, xa que etiquetan as algas en castelán.
Ante este feito temos dúas opcións na galipedia: agochar a realidade e non mencionar o seu nome comercial, ou constatar a súa existencia galeguizándoo.
De optarmos pola primeira, estariamos agochando información útil aos lectores a mantenta. Para a segunda, a RAG admite a palabra espaguetes como tradución galega de spaghetti. Non é un nome marabilloso más é un mal menor, non cres?
P.S. tamén restitúo a páxina que eliminaches cunha páxina de redirección á que deixaches: Cinta (alga). Se non poden quedar ligazóns rotas doutras páxinas.
Saúdos cordiais --Baralloco (conversa) 09:00, 22 de setembro de 2012 (UTC)
Cuestionario onomástica
[editar a fonte]Ola, Xián! Déixoche aquí esta mensaxe porque non tes activada a opción de mandarche un correo electrónico.
Sei que hai tempo que non editas na Galipedia, pero quería pedirche un favor:
Como quizais xa sabes, estou a cursar o Grao de Lingua e Literatura Galegas na USC. Este ano teño unha materia chamada Onomástica, e vou facer un traballo de investigación sobre os nomes de usuario das persoas que editan na Wikipedia en lingua galega. Consultei bibliografía sobre nicks e alcumes en chats e redes sociais, e de momento non hai moito material escrito. De feito, creo que este traballo será pioneiro na materia en lingua galega. O primeiro paso é elaborar un cuestionario que estou a enviar aos usuarios con máis edicións (activos e inactivos) co obxectivo de entender as motivacións á hora de escoller un nome.
Agradecería moito a túa colaboración; podes responder ao formulario aquí.
Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de outubro de 2013 ás 12:25 (UTC)
Iurii Antonov
[editar a fonte]Boas, o artigo Iurii Antonov, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, MAGHOI (conversa) 26 de setembro de 2020 ás 12:13 (UTC)
Vehículo deportivo utilitario
[editar a fonte]Boas, o artigo Vehículo deportivo utilitario, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, RubenWGA (conversa) 6 de marzo de 2021 ás 19:34 (UTC)