Saltar ao contido

Conversa usuario:Xogos Curruncheiros

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Xogos Curruncheiros!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

Por favor, lembra que o contido que se sobe á Wikipedia debe estar referenciado (Wikipedia:Verificabilidade), e prégoche que lle botes un ollo a Wikipedia:O que a Wikipedia non é. Un saúdo!! --Estevo(aei)fálame aquí 24 de febreiro de 2023 ás 07:47 (UTC)[responder]

Boa tarde, Estevo:
Que tal?
Vemos que elimaches a maior parte do contido do artigo de Xogos Curruncheiros.
Previamente a subilo, botámoslle unha ollada a O que a Wikipedia non é e a outros artigos da Axuda, e coidabamos que podía encaixar. De feito, estivemos cambiando bastante a redacción para adaptala ao formato que se require.
Simplemente queriamos poder contribuír á Galipedia e permitir que a historia dos Xogos (que é unha iniciativa veciñal e sen ánimo de lucro) poida irse completando e mellorando por parte da comunidade. Non é posible facelo na Wikipedia?
Grazas pola túa axuda e desculpa o descoñecemento; somos novos por aquí...
Un saúdo. Xogos Curruncheiros (conversa) 24 de febreiro de 2023 ás 16:11 (UTC)[responder]
A Wikipedia é unha enciclopedia, e como tal debe recoller contido enciclopédico, non teñen cabida anécdotas. En calquera caso, bótalle tamén un ollo a Wikipedia:Conflito de intereses. Non é correcto que edites sobre un proxecto no que estás involucrado/a. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 25 de febreiro de 2023 ás 08:57 (UTC)[responder]