Conversa usuario:ZEph!
Bon día
[editar a fonte]Revertín os teus trocos porque moitos son ortograficamente incorrectos, como podes ver nesta edición.
Así, colocas o pronome despois do verbo logo dun "que", pos *prástica en vez de plástica, *imitazón en vez de imitación, *calquer en vez de calquera... *canzón, *impato, *tradizón, *coutra, *respetou, actuazón...
Recoméndoche mirar un diccionario ou o Volg para mirar se as palabras son correctas ou non.
Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 08:21, 26 marzo 2009 (UTC)
-Zón
[editar a fonte]Bótalle un ollo ás terminacións, ZEph. Ben no volga ou ben nos dicionarios que teñas pola casa. Soamente mirándoche o arigo un pouco por riba caín en que tiñas telecomunicazóns e fabricazóns. Obviamente, non son formas válidas. Un saúdo e aquí me tes para o que queiras.--Atobar 16:33, 27 marzo 2009 (UTC)
- Púxenlle o marcador de Atención a Sony. Prégoche que corrixas as cuestións de lingua e en xeral o contido, pois vexo que hai frases inconexas. Saúdos.--Atobar 17:07, 27 marzo 2009 (UTC)
- ZEph, ti es o creador do artigo Sony, o que puxo o corpo base do texto, de xeito que ti es tamén o responsábel das eivas lingüísticas que poida haber de primeiras. Outros podémoschas corrixir gustosos, pero non é unha cuestión de pór texto a varrer e deixalo estar, que xa outros lle dean os repasos e o pulan. Insisto no que xa che dixen: hai moitos dicionarios, tanto en liña como en papel. Míraos. Amais, aquí che deixo dúas ligazóns que de seguro che van resultar útiles. Bótalles unha ollada antes de seguir cometendo os mesmo erros, meu. Eu axúdoche con gusto, pero antes ponlle atención aos erros comúns e trata de arranxalos ti mesmo:
Sigo estando para o que necesites. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 22:26, 27 marzo 2009 (UTC)
Páxina de conversa
[editar a fonte]Ola ZEph! A páxina de conversa non se pode eliminar, pois son edicións doutros editores que ademais sirven de axuda en moitos casos. Prégoche que non a borres. Un saúdo e bo traballo. Alberte Si, dígame? 21:09, 20 xullo 2009 (UTC)
Bosch
[editar a fonte]Bo día, ZEph. Revisando así por riba, todo parece moi ben aqueladiño. Bo traballo. O único é que cómpre facerlle un repaso da lingua. A ver se dentro dun par de días ou tres me poño eu co tema. Polo de pronto, xa verás que lle quitei o marcador que tiña e deixei posto que soamente lle resta un repasiño de nada á lingua. Bo traballo outra vez e graciñas por me manteres ao tanto. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 11:54, 26 xullo 2009 (UTC)
- Varios usuarios adiantáronseme á hora de seguir corrixindo o de Bosch. Con todo, dinlle un repasiño rápido. Quedouche moi feitiño. Ben feito! Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 18:50, 31 xullo 2009 (UTC)
--facendo (facendo) 11:54, 7 novembro 2010
De onde sacaches a historia? Traballas en Bosch? saudo.
- Sí traballo en Bosch, pero a historia saqueina da páxina oficial de Bosch, o único que fixen foi traducila do inglés ao galego e buscar algunhas fontes máis para contrastar. -Un saudo --ZEph! 19:58, 4 de xaneiro de 2011 (UTC)