Conxunto baleiro
Aparencia
O conxunto baleiro é o conxunto matemático que non ten ningún elemento. Represéntase co símbolo Ø ou simplemente como {}, e cumpre:
- Ø={x ∀ x ≠ x}.
Pódese representar tamén como:
Algunhas das súas propiedades son:
- Para calquera conxunto A, o conxunto baleiro é un subconxunto de A: {} ⊆ A.
- Para calquera conxunto A, a unión de A e o conxunto baleiro é A: A ∪ {} = A.
- Para calquera conxunto A, a intersección de A e o conxunto baleiro é o conxunto baleiro: A ∩ {} = {}.
- O único subconxunto do conxunto baleiro é o conxunto baleiro.
- A cardinalidade do conxunto baleiro é cero.