Copa (botánica)
En botánica denomínase copa dunha planta á parte superior dunha árbore ou dun arbusto, formada polo caule e o conxunto das pólas, incluíndo as follas, e as estruturas reprodutivas.[1]
Nas especies caducifolias tamén se denomina copa ao tronco e ramas desprovistas de follas.[2]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O termo copa procede do latín vulgar cuppa, e este do latín cásico cūpa, -ar, "cuba", "barril", "tonel".
Características
[editar | editar a fonte]As formas das copas son moi variábeis. Os principais tipos de árbores son de hábito excurrente con ramificación en formas conoides, ou decurrente, que dá lugar a formas arredondadas. Tamén se poden caracterizar pola súa anchura, profundidade, área superficial, volume e densidade.
As medicións das copas son importantes na cuantificación e cualificación da sanidade vexetal, etapas de crecemento e eficiencia.
As principais funcións da copa inclúen a asimilación da enerxía da luz, a absorción de dióxido de carbono e a liberación de oxíxeno a través da fotosíntese, a liberación de enerxía pola respiración, e o liberación de auga á atmosfera pola transpiración. Estas funcións son realizadas polas follas.
As pólas da copa proporcionan soporte mecánico para distribuír as follas de maneira eficiente e servir como condutos para os recursos (auga, nutrientes) para realizar estas funcións.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Copa dun castiñeiro, Castanea sativa, a finais do verán, cos ourizos, e as pólas que chegan ao solo
-
Copa dun piñeiro bravo (Pinus pinaster)
-
Copas de piñeiros mansos
(Pinus pinea) -
Copas de bidueiros brancos
(Betula pendula)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para copa., 6ª acepción.
- ↑ Font Quer, P. (1953): "Copa", no Dicionaro de botánica. Vol. I. Barcelona, Editorial Labor, S. A., ISBN 978-84-3350-076-7.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Copa |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Kozlowski, T.; Kramer, P. & Pallardy, S. (1991): The physiological ecology of woody plants. San Diego: Academic Press. ISBN 0-1242-4160-3.