Saltar ao contido

Copa Ouro da CONCACAF

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaCopa Ouro da CONCACAF
Editar o valor en Wikidata
Nome na lingua orixinal(en) CONCACAF Gold Cup
(es) Copa Oro de CONCACAF Editar o valor en Wikidata
Tipoevento periódico Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
OrganizadorCONCACAF Editar o valor en Wikidata
Número de participantes12 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Vixencia1963 – Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadaxulloEditar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia2 Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialconcacaf.com… Editar o valor en Wikidata
Twitter: goldcup Editar o valor en Wikidata

A Copa Ouro da CONCACAF é a principal competición masculina de seleccións de fútbol organizada pola CONCACAF. Nas súas 24 edicións só sete países conseguiron gañar o título. México é a selección dominadora do torneo con 10 títulos conseguidos e o vixente campión, os Estados Unidos, é o seu máis inmediato perseguidor con seis títulos, seguido de Costa Rica con tres. Canadá conseguiu dous títulos e Honduras, Haití e Guatemala teñen un só campionato.

Antes de que a CONCACAF se conformara en 1961 o fútbol na rexión estaba dividido en asociacións rexionais máis pequenas. Entre estas destacaban dúas: a Confederación Centroamericana e do Caribe de Fútbol (CCCF) fundada en 1938 e a North American Football Confederation (NAFC) fundada en 1946 (EUA, México, Canadá e Cuba). Cada confederación mantiña o seu propio torneo, a CCCF organizou dez edicións da Copa da CCCF entre 1941 e 1961 (dos que Costa Rica gañou sete e O Salvador, Panamá e Haití un cada un) e a NAFC dúas edicións da súa Copa da NAFC gañadas por México en 1947 e 1949.

Desde a conformación da CONCACAF aínda pasaron dous anos até a organización dun campionato de seleccións no que competisen todas as federacións nacionais, O primeiro campionato celebrado no Salvador en 1963 levou por nome Campionato de nacións da CONCACAF e celebrouse a partir de aí cada dous anos até 1971.

A partir de entón non houbo formalmente ningún campionato que establecese que selección era a dominadora do continente. Aquel equipo que conseguía o mellor posto nas clasificación para o mundial de fútbol pasaba a ser considerado coma o mellor da Confederación.

En 1990 a CONCACAF decidiu crear novamente un torneo como principal evento da Confederación para coroar á mellor das súas seleccións nacionais. Nacía a Copa Ouro da CONCACAF cuxa primeira edición tivo lugar nos Estados Unidos en 1991. O torneo, no que participaban oito equipos, foi gañado polos anfitrións. México converteuse nos anos 90 no dominador do torneo con tres títulos consecutivos en 1993, 1996 e 1998. Na edición de 1996 a Copa Ouro convidou a participar por primeira vez a un equipo doutra Confederación, os naquel intre vixentes campións do mundo, Brasil.

Coa edición de 2000 o torneo pasou a estar disputado por doce equipos e o Canadá conseguiu o seu único título. Desde a creación do torneo o título foi gañado en catro ocasións por México e os Estados Unidos e só un equipo máis, Canadá, conseguiu gañar outro título.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Resultados do torneo

[editar | editar a fonte]
Campionato de nacións da CONCACAF
Ano Anfitrión Clasificación final
Gañador Finalista 3º posto 4º posto
1963
O Salvador Costa Rica O Salvador Antillas Neerlandesas Honduras
1965
Guatemala México Guatemala Costa Rica O Salvador
1967
Honduras Guatemala México Honduras Trinidad e Tobago
1969
Costa Rica Costa Rica Guatemala Antillas Neerlandesas México
1971
Trinidad e Tobago México Haití Costa Rica Cuba
1973
(1)
Haití Haití Trinidad e Tobago México Honduras
1977
(1)
México México Haití O Salvador Canadá
1981
(1)
Honduras Honduras O Salvador México Canadá
1985
(1)
Sen sede Canadá Honduras Costa Rica O Salvador
1989
(1)
Sen sede Costa Rica Estados Unidos de América Estados Unidos Trinidad e Tobago Guatemala
Copa Ouro da CONCACAF
Ano Anfitrión Final Partido 3º-4º posto
Gañador Resultado Finalista 3ºposto Resultado 4º posto
1991
Estados Unidos de América Estados Unidos Estados Unidos de América Estados Unidos 0–0 Prórroga
(4-3 pen)
Honduras México 2–0 Costa Rica
1993
Estados Unidos de América Estados Unidos
& México
México 4–0 Estados Unidos de América Estados Unidos Costa Rica
Xamaica Xamaica
1-1
Prórroga(2)
1996
Estados Unidos de América Estados Unidos México 2–0 Brasil Estados Unidos de América Estados Unidos 3–0 Guatemala
1998
Estados Unidos de América Estados Unidos México 1-0 Estados Unidos de América Estados Unidos Brasil 1-0 Xamaica Xamaica
2000
Estados Unidos de América Estados Unidos Canadá 2–0 Colombia Perú
Trinidad e Tobago
n/a (3)
2002
Estados Unidos de América Estados Unidos Estados Unidos de América Estados Unidos 2–0 Costa Rica Canadá 2–1 Corea do Sur
2003
Estados Unidos de América Estados Unidos
& México
México 1-0
gol de ouro
Brasil Estados Unidos de América Estados Unidos 3–2 Costa Rica
2005
Estados Unidos de América Estados Unidos Estados Unidos de América Estados Unidos 0–0 Prórroga
(3-1 pen)
Panamá Colombia
Honduras
n/a (3)
2007
Estados Unidos de América Estados Unidos Estados Unidos de América Estados Unidos 2–1 México Canadá
Guadalupe
n/a (3)
2009
Estados Unidos de América Estados Unidos

(Equipos convidados en cursiva)

1 Non se disputou formalmente torneo. O campión na clasificación para o Mundial era considerado o campión da CONCACAF.
2 Costa Rica e Xamaica remataron empatados a 1 logo da prórroga e compartiron a terceira praza.
3 Non houvo partido polo terceiro e cuarto posto polo que a cuarta praza foi compartida
  • pen - quenda de penaltis.

Resultados acumulados

[editar | editar a fonte]

A seguinte táboa compila os resultados obtidos polas diferentes seleccións nos torneos rexionais da Confederación. En itálico destácanse os títulos obtidos antes de ser establecida a Copa Ouro.

Seleccións Títulos Finalista 3º posto 4º posto
México 10 (1965, 1971, 1977*, 1993*, 1996,

1998, 2003*, 2009, 2011, 2015)

2 (1967, 2007) 3 (1973, 1981, 1991, 2013, 2017) 1 (1969)
Estados Unidos de América Estados Unidos 4 (1991*, 2002*, 2005*, 2007*, 2013*, 2017*) 3 (1989, 1993*, 1998*, 2009*, 2011*) 2 (1996*, 2003*) 1 (2015*)
Costa Rica 3 (1963, 1969*, 1989) 1 (2002) 4 (1965, 1971, 1985, 1993) 2 (1991, 2003, 2009, 2017)
Canadá 2 (1985, 2000) - 2 (2002, 2007) 2 (1977, 1981)
Honduras 1 (1981*) 2 (1985, 1991) 2 (1967*, 2005, 2009) 2 (1963, 1973, 2011, 2013)
Guatemala 1 (1967) 2 (1965*, 1969) - 2 (1989, 1996)
Haití 1 (1973*) 2 (1971, 1977) - -
O Salvador - 2 (1963*, 1981) 1 (1977) 2 (1965, 1985)
Brasil** - 2 (1996, 2003) 1 (1998) -
Trinidad e Tobago - 1 (1973) 2 (1989, 2000) 1 (1967)
Colombia** - 1 (2000) 1 (2005) -
Panamá - 1 (2005, 2013) 2 (2011, 2015) -
Antillas Neerlandesas - - 2 (1963, 1969) -
Xamaica Xamaica - 2 (2015, 2017) 1 (1993) 1 (1998)
Guadalupe - - 1 (2007) -
Perú** - - 1 (2000) -
Corea do Sur** - - - 1 (2002)
Cuba - - - 1 (1971)
  • * Anfitrións
  • ** Equipos convidados

Máximos goleadores

[editar | editar a fonte]
Ano Xogador Goles
1963 ?
1965 ?
1967 ?
1969 Guatemala Cesar Amando Melgar
Guatemala Marco Fión
Costa Rica Victor Manuel Ruiz
3
1971 ?
1973 Trinidad e Tobago Steve David 7
1977 México Víctor Rangel 6
1981 México Hugo Sánchez 3
1985 Honduras Roberto Figueroa 5
1989 Guatemala Raúl Chacón
Guatemala Julio Rodas
Costa Rica Evaristo Coronado
Costa Rica Juan Arnoldo Cayasso
Costa Rica Leonidas Flores
Trinidad e Tobago Leonson Lewis
Trinidad e Tobago Kerry Jamerson
Trinidad e Tobago Philibert Jones
2
1991 México Benjamin Galindo 4
1993 México Zaguinho 12
1996 Estados Unidos de América Estados Unidos Eric Wynalda 4
1998 Costa Rica Paulo Wanchope
México Luis Hernández
4
2000 Canadá Carlo Corazzin 4
2002 Estados Unidos de América Estados Unidos Brian McBride 4
2003 Costa Rica Walter Centeno
Estados Unidos de América Estados Unidos Landon Donovan
4
2005 Estados Unidos de América Estados Unidos DaMarcus Beasley
Estados Unidos de América Estados Unidos Landon Donovan
Guatemala Carlos Ruiz
Honduras Wilmer Velasquez
Panamá Luis Tejada
3
2007 Honduras Carlos Pavón 5
2009 México Miguel Sabah 34
2011 México Javier Hernández 37
2013 Estados Unidos de América Estados Unidos Landon Donovan

Estados Unidos de América Estados Unidos Chris Wondolowski

Panamá Gabriel Torres

35
2015 Estados Unidos de América Estados Unidos Clint Dempsey 37
2017 Martinica Kévin Parsemain

CanadáAlphonso Davies

Estados Unidos de América Estados Unidos Jordan Morris

33

En itálico torneos anteriores á Copa Ouro

Participacións no torneo

[editar | editar a fonte]
Participacións País Na Copa Ouro Noutros torneos
17 México 9 8
15 Guatemala 7 8
14 Costa Rica
Honduras
8
8
6
6
13 Trinidad e Tobago 7 6
11 O Salvador
Canadá
Estados Unidos de América Estados Unidos
5
8
9
6
3
2
10 Haití 3 7
8 Xamaica Xamaica 6 2
7 Cuba 5 2
4 Panamá
Antillas Neerlandesas
3
0
1
4
3 Francia Martinica
Brasil*
Colombia*
3
3
3
0
0
0
2 Nicaragua
Suriname
Corea do Sur*
1
0
2
2
2
0
1 San Vicente e as Granadinas
Perú*
Ecuador*
Sudáfrica Suráfrica*
Guadalupe
1
1
1
1
1
0
0
0
0
0
  • * Seleccións convidadas ao torneo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]