Saltar ao contido

Liga de Campións da WSE

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Copa de Europa de hóckey a patíns»)
Modelo:Competición deportivaLiga de Campións da WSE
Tipoliga deportiva Editar o valor en Wikidata
Deportehóckey a patíns Editar o valor en Wikidata
OrganizadorCERH Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Vixencia1965 – Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadanovembromaio Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Número de edición58 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoSporting Clube de Portugal (4º)
(2024)
Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Máis títulosFutbol Club Barcelona Hóquei a patíns (22), 2018 Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialen.cerh.eu… Editar o valor en Wikidata

A Liga de Campións da WSE (inglés: WSE Champions League), antes coñecida como Liga Europea de hóckey a patíns e Copa de Europa, é a máxima competición europea entre clubs de hóckey a patíns. Foi creada en 1965, e enfronta cada tempada aos mellores clubs europeos da especialidade, na súa meirande parte da liga española (entre os que destacan principalmente os clubs de Cataluña e Galiza), italianos e portugueses. Está organizada pola CERH (Comité Européen de Rink-Hockey), o máximo organismo do hóckey a patíns europeo, con sede central en Lisboa (Portugal).

O club máis laureado da competición é o FC Barcelona, que acadou 22 títulos. O actual campión é o Sporting CP.

Actualmente, a competición consta dunha rolda clasificatoria e unha primeira rolda. Logo, os 16 equipos son agrupados en catro grupos e os dous mellores clasificados de cada grupo xogan unha final a oito nunha cidade europea.

Entre os anos 1996 e 2007, a Liga de Campións comezaba cunha rolda eliminatoria e unha rolda preliminar de eliminación directa. Logo, os oito equipos que gañaban na rolda preliminar eran agrupados en dous grupos. Os dous primeiros equipos de cada grupo se disputaban o título nunha final-four.

Historial

[editar | editar a fonte]
Edición Tempada Campión Subcampión Resultado
I 1965-1966 Cataluña CP Voltregà Italia HC Monza 1-3 / 2-6
II 1966-1967 Cataluña Reus Deportiu Italia HC Monza 3-3 / 3-6
III 1967-1968 Cataluña Reus Deportiu Italia US Triestina 0-2 / 2-6
IV 1968-1969 Cataluña Reus Deportiu Portugal SL Benfica 7-1 / 0-3
V 1969-1970 Cataluña Reus Deportiu Cataluña CP Voltregà 12-5 / 8-6
VI 1970-1971 Cataluña Reus Deportiu Italia Hockey Novara 7-7 / 4-9
VII 1971-1972 Cataluña Reus Deportiu Italia Hockey Novara 10-2 / 0-11
VIII 1972-1973 Cataluña FC Barcelona Portugal SL Benfica 5-3 / 7-7
IX 1973-1974 Cataluña FC Barcelona Mozambique D. Lourenço Marques 8-2 / 4-5
X 1974-1975 Cataluña CP Voltregà Cataluña FC Barcelona 5-5 / 6-4
XI 1975-1976 Cataluña CP Voltregà Cataluña FC Barcelona 2-2 / 3-1
XII 1976-1977 Portugal Sporting CP Cataluña EyD Villanueva 6-0 / 6-3
XIII 1977-1978 Cataluña FC Barcelona Bélxica CH Sunday's Vanstahl 8-3 / 5-1
XIV 1978-1979 Cataluña FC Barcelona Cataluña Reus Deportiu 1-3 / 6-2
XV 1979-1980 Cataluña FC Barcelona Portugal SL Benfica 5-2 / 6-3
XVI 1980-1981 Cataluña FC Barcelona Italia AFP Giovinazzo 6-1 / 6-2
XVII 1981-1982 Cataluña FC Barcelona Italia Amatori Lodi 4-1 / 6-4
XVIII 1982-1983 Cataluña FC Barcelona Cataluña HC Sentmenat 9-1 / 14-6
XIX 1983-1984 Cataluña FC Barcelona Galicia H.C. Liceo 3-2 / 2-6
XX 1984-1985 Cataluña FC Barcelona Portugal FC Porto 5-4 / 4-6
XXI 1985-1986 Portugal FC Porto Italia Hockey Novara 5-3 / 7-5
XXII 1986-1987 Galicia H.C. Liceo Portugal FC Porto 2-4 / 3-4
XXIII 1987-1988 Galicia H.C. Liceo Italia Hockey Novara 2-1 / 1-4
XXIV 1988-1989 Cataluña AA Noia Portugal Sporting CP 7-4 / 3-1
XXV 1989-1990 Portugal FC Porto Cataluña AA Noia 6-0 / 5-2
XXVI 1990-1991 Portugal OC Barcelos Italia Roller Monza 4-4 / 4-3
XXVII 1991-1992 Galicia H.C. Liceo Italia HC Seregno 6-7 / 2-2
XXVIII 1992-1993 Cataluña Igualada HC Portugal SL Benfica 4-1 / 8-3
XXIX 1993-1994 Cataluña Igualada HC Portugal OC Barcelos 4-7 / 3-2
XXX 1994-1995 Cataluña Igualada HC Portugal SL Benfica 4-3 / 1-3
XXXI 1995-1996 Cataluña Igualada HC Cataluña FC Barcelona 0-0 / 4-3
XXXII 1996-1997 Cataluña FC Barcelona Portugal FC Porto 4-3
XXXIII 1997-1998 Cataluña Igualada HC Italia HC Amatori Vercelli 1-8
XXXIV 1998-1999 Cataluña Igualada HC Portugal FC Porto 6-5
XXXV 1999-2000 Cataluña FC Barcelona Portugal FC Porto 3-2
XXXVI 2000-2001 Cataluña FC Barcelona Galicia H.C. Liceo 1-2
XXXVII 2001-2002 Cataluña FC Barcelona Portugal OC Barcelos 1-2
XXXVIII detalles 2002-2003 Galicia H.C. Liceo Cataluña Igualada HC 7-3
XXXIX 2003-2004 Cataluña FC Barcelona Portugal FC Porto 3-0
XL 2004-2005 Cataluña FC Barcelona Portugal FC Porto 3-2
XLI 2005-2006 Italia AP Follonica Hockey Portugal FC Porto liguiña
XLII 2006-2007 Cataluña FC Barcelona Italia Bassano Hockey 54 5-2
XLIII 2007-2008 Cataluña FC Barcelona Cataluña Reus Deportiu 5-2
XLIV 2008-2009 Cataluña Reus Deportiu Cataluña Club Patí Vic 2-2 (penaltis 2-1)
XLV 2009-2010 Cataluña FC Barcelona Cataluña CP Vic 4-1
XLVI detalles 2010-2011 Galicia H.C. Liceo Cataluña Reus Deportiu 7-4
XLVII detalles 2011-2012 Galicia H.C. Liceo Cataluña FC Barcelona 4-2
XLVIII detalles 2012-2013 Portugal SL Benfica Portugal FC Porto 6-5
XLIX detalles 2013-2014 Cataluña FC Barcelona Portugal FC Porto 3-1
L detalles 2014-2015 Cataluña FC Barcelona Cataluña CP Vic 4-3
LI detalles 2015-2016 Portugal SL Benfica Portugal Oliveirense 5-3
LII detalles 2016-2017 Cataluña Reus Deportiu Portugal Oliveirense 4-1
LIII detalles 2017-2018 Cataluña FC Barcelona Portugal FC Porto 4-2
LIV detalles 2018-2019 Portugal Sporting CP Portugal FC Porto 5-2
LV detalles 2019-2020 Abandonada por mor da pandemia de COVID-19
LVI detalles 2020-2021 Portugal Sporting CP Portugal FC Porto 4-3 (pro.)
LVII detalles 2021-2022 Italia GSH Trissino Portugal AD Valongo 4-4 (penaltis 3-1)

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Equipo Campionatos gañados
Cataluña FC Barcelona 22 (1972-73, 1973-74, 1977-78, 1978-79, 1979-80, 1980-81, 1981-82, 1982-83, 1983-84, 1984-85, 1996-97, 1999-00, 2000-01, 2001-02, 2003-04, 2004-05, 2006-07, 2007-08, 2009-10, 2013-14, 2014-15, 2017-18)
Cataluña Reus Deportiu 8 (1966-67, 1967-68, 1968-69, 1969-70, 1970-71, 1971-72, 2008-09, 2016-17)
Galicia H.C. Liceo 6 (1986-87, 1987-88, 1991-92, 2002-03, 2010-11, 2011-12)
Cataluña Igualada HC 6 (1992-93, 1993-94, 1994-95, 1995-96, 1997-98, 1998-99)
Cataluña CP Voltregà 3 (1965-66, 1974-75, 1975-76)
Portugal Sporting CP 3 (1976-77, 2018-19,2020-21)
Portugal FC Porto 2 (1985-86, 1989-90)
Portugal SL Benfica 2 (2012-13, 2015-16)
Portugal OC Barcelos 1 (1990-91)
Cataluña AA Noia (actual CE Noia) 1 (1988-89)
Italia AP Follonica Hockey 1 (2005-06)
Italia GSH Trissino 1 (2021-22)
Total 56

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]