Copa do Mundo de Rugby 2019
A Copa do Mundo de Rugby 2019 foi a 9ª edición da Copa do Mundo de Rugby. Nunha reunión celebrada en Dublín o 28 de xullo de 2009, a International Rugby Board anunciou que o Xapón sería o país organizador da competición, levando por primeira vez o mundial de rugby a Asia. Tamén foi a primeira vez que o anfitrión non era algunha das potencias tradicionais deste deporte.
Como organizador, a selección de rugby do Xapón estivo clasificada automaticamente para disputar o campionato. Outros 12 equipos acadaron a súa clasificación durante a Copa do Mundo de Rugby 2015. Os restantes 7 equipos participantes tiveron que acadar a súa participación nos torneos correspondentes a cada continente.
Sedes
[editar | editar a fonte]Tralo anuncio de que o Xapón organizaría o mundial de rugby, Singapur e Hong Kong amosaron o seu interese en colaborar coa organización do torneo aportando cadanseu estadio para ser co-sede da Copa do Mundo, pero cando en 2014 foron publicados os nomes dos estadios que acollerían a competición, todos eles pertencían a territorio nipón.
A lista final das sedes escollidas foi anunciada polo comité organizador o 2 de marzo de 2015.[1]
Chōfu | Iocoama | Fukuroi | Higashiōsaka |
---|---|---|---|
Estadio Ajinomoto | Estadio Nissan | Estadio Ecopa | Estadio Hanazono |
Capacidade: 50,000 | Capacidade: 72,327 | Capacidade: 50,889 | Capacidade: 30,000 |
Fukuoka | Toyota | Sapporo | Ōita |
Estadio Level-5 | Estadio Toyota | Cúpula de Sapporo | Cúpula Ōita Bank |
Capacidade: 22,563 | Capacidade: 45,000 | Capacidade: 41,410 | Capacidade: 40,000 |
Kumamoto | Kobe | Kumagaya | Kamaishi |
Estadio Egao Kenko | Estadio Noevir | Estadio de Kumagaya | Estadio de Kamaishi |
Capacidade: 32,000 | Capacidade: 30,312 | Capacidade: 24,000 | Capacidade: 16,187 |
Fase de grupos
[editar | editar a fonte] 1º e 2º. Clasificados para os cuartos de final. Estarán na Copa do Mundo de Rugby 2023.
3º. Eliminados. Estarán na Copa do Mundo de Rugby 2023.
4º e 5º. Eliminados.
* Tres encontros da fase de grupos foron suspendidos por mor do tifón Hagibis, determinando a organización do torneo que os encontros serían considerados como empates a cero, resultando que cada equipo afectado recibiu 2 puntos para a clasificación do seu grupo.
Grupo A
[editar | editar a fonte]Pos. | Selección | Encontros | Ensaios a prol |
Tantos | Puntos bonus |
Puntos | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xog. | Gañ. | Emp. | Per. | a prol | en contra | Dif. | |||||
1 | Xapón | 4 | 4 | 0 | 0 | 13 | 115 | 62 | +53 | 3 | 19 |
2 | Irlanda | 4 | 3 | 0 | 1 | 18 | 121 | 27 | +94 | 4 | 16 |
3 | Escocia | 4 | 2 | 0 | 2 | 16 | 119 | 55 | +64 | 3 | 11 |
4 | Samoa | 4 | 1 | 0 | 3 | 8 | 58 | 128 | –70 | 1 | 5 |
5 | Rusia | 4 | 0 | 0 | 4 | 1 | 19 | 160 | –141 | 0 | 0 |
20 de setembro de 2019 | Xapón | 30–10 | Rusia | Chōfu |
22 de setembro de 2019 | Irlanda | 27–3 | Escocia | Yokohama |
24 de setembro de 2019 | Rusia | 9–34 | Samoa | Kumagaya |
28 de setembro de 2019 | Xapón | 19–12 | Irlanda | Fukuroi |
30 de setembro de 2019 | Escocia | 34–0 | Samoa | Kobe |
3 de outubro de 2019 | Irlanda | 35–0 | Rusia | Kobe |
5 de outubro de 2019 | Xapón | 38–19 | Samoa | Toyota |
9 de outubro de 2019 | Escocia | 61–0 | Rusia | Fukuroi |
12 de outubro de 2019 | Irlanda | 47–5 | Samoa | Fukuoka |
13 de outubro de 2019 | Xapón | 28–21 | Escocia | Yokohama |
Grupo B
[editar | editar a fonte]Pos. | Selección | Encontros | Ensaios a prol |
Tantos | Puntos bonus |
Puntos | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xog. | Gañ. | Emp. | Per. | a prol | en contra | Dif. | |||||
1 | Nova Zelandia | 4 | 3 | 1 | 0 | 22 | 157 | 22 | +135 | 2 | 16 |
2 | Suráfrica | 4 | 3 | 0 | 1 | 27 | 185 | 36 | +149 | 3 | 15 |
3 | Italia | 4 | 2 | 1 | 1 | 14 | 98 | 78 | +20 | 2 | 12 |
4 | Namibia | 4 | 0 | 1 | 3 | 3 | 34 | 175 | –141 | 0 | 2 |
5 | Canadá | 4 | 0 | 1 | 3 | 2 | 14 | 177 | –163 | 0 | 2 |
21 de setembro de 2019 | Nova Zelandia | 23–13 | Suráfrica | Yokohama |
22 de setembro de 2019 | Italia | 47–22 | Namibia | Higashiōsaka |
26 de setembro de 2019 | Italia | 48–7 | Canadá | Fukuoka |
28 de setembro de 2019 | Suráfrica | 57–3 | Namibia | Toyota |
2 de outubro de 2019 | Nova Zelandia | 63–0 | Canadá | Ōita |
4 de outubro de 2019 | Suráfrica | 49–3 | Italia | Fukuroi |
6 de outubro de 2019 | Nova Zelandia | 71–9 | Namibia | Chōfu |
8 de outubro de 2019 | Suráfrica | 66–7 | Canadá | Kobe |
12 de outubro de 2019 | Nova Zelandia | 0–0* | Italia | Toyota |
13 de outubro de 2019 | Namibia | 0–0* | Canadá | Kamaishi |
Grupo C
[editar | editar a fonte]Pos. | Selección | Encontros | Ensaios a prol |
Tantos | Puntos bonus |
Puntos | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xog. | Gañ. | Emp. | Per. | a prol | en contra | Dif. | |||||
1 | Inglaterra | 4 | 3 | 1 | 0 | 17 | 119 | 20 | +99 | 3 | 17 |
2 | Francia | 4 | 3 | 1 | 0 | 9 | 79 | 51 | +28 | 1 | 15 |
3 | Arxentina | 4 | 2 | 0 | 2 | 14 | 106 | 91 | +15 | 3 | 11 |
4 | Tonga | 4 | 1 | 0 | 3 | 9 | 67 | 105 | –38 | 2 | 6 |
5 | Estados Unidos | 4 | 0 | 0 | 4 | 7 | 52 | 136 | –84 | 0 | 0 |
21 de setembro de 2019 | Francia | 23–21 | Arxentina | Chōfu |
22 de setembro de 2019 | Inglaterra | 35–3 | Tonga | Sapporo |
26 de setembro de 2019 | Inglaterra | 45–7 | Estados Unidos | Kobe |
28 de setembro de 2019 | Arxentina | 28–12 | Tonga | Higashiōsaka |
2 de outubro de 2019 | Francia | 33–9 | Estados Unidos | Fukuoka |
5 de outubro de 2019 | Inglaterra | 39–10 | Arxentina | Chōfu |
6 de outubro de 2019 | Francia | 23–21 | Tonga | Kumamoto |
9 de outubro de 2019 | Arxentina | 47–17 | Estados Unidos | Kumagaya |
12 de outubro de 2019 | Inglaterra | 0–0* | Francia | Yokohama |
13 de outubro de 2019 | Estados Unidos | 19–31 | Tonga | Higashiōsaka |
Grupo D
[editar | editar a fonte]Pos. | Selección | Encontros | Ensaios a prol |
Tantos | Puntos bonus |
Puntos | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xog. | Gañ. | Emp. | Per. | a prol | en contra | Dif. | |||||
1 | Gales | 4 | 4 | 0 | 0 | 17 | 136 | 69 | +67 | 3 | 19 |
2 | Australia | 4 | 3 | 0 | 1 | 20 | 136 | 68 | +68 | 4 | 16 |
3 | Fidxi | 4 | 1 | 0 | 3 | 17 | 110 | 108 | +2 | 3 | 7 |
4 | Xeorxia | 4 | 1 | 0 | 3 | 9 | 65 | 122 | –57 | 1 | 5 |
5 | Uruguai | 4 | 1 | 0 | 3 | 6 | 60 | 140 | –80 | 0 | 4 |
21 de setembro de 2019 | Australia | 39–21 | Fidxi | Sapporo |
23 de setembro de 2019 | Gales | 43–14 | Xeorxia | Toyota |
25 de setembro de 2019 | Fidxi | 27–30 | Uruguai | Kamaishi |
29 de setembro de 2019 | Xeorxia | 33–7 | Uruguai | Kumagaya |
29 de setembro de 2019 | Australia | 25–29 | Gales | Chōfu |
3 de outubro de 2019 | Xeorxia | 10–45 | Fidxi | Higashiōsaka |
5 de outubro de 2019 | Australia | 45–10 | Uruguai | Ōita |
9 de outubro de 2019 | Gales | 29–17 | Fidxi | Ōita |
11 de outubro de 2019 | Australia | 27–8 | Xeorxia | Fukuroi |
13 de outubro de 2019 | Gales | 35–13 | Uruguai | Kumamoto |
Fase final
[editar | editar a fonte]Finalizada a fase de grupos os dous primeiros equipos de cada grupo pasaron aos cuartos de final do torneo, que consisten en partidos eliminatorios. Os equipos gañadores dos partidos de cuartos de final pasaron ás semifinais, e os equipos que perderon os partidos de cuartos de final quedaron eliminados do Mundial.
Os partidos de semifinais tamén consisten en partidos eliminatorios. Os gañadores dos partidos semifinais clasifícanse para a final da Copa do Mundo, e os perdedores das semifinais disputan a final polo terceiro e cuarto posto.
Durante a fase final do torneo, se os equipos houbesen terminado empatados á finalización do partido, o gañador determínase mediante os seguintes criterios secuenciais:
- Prórroga: dispútanse dous períodos extra de 10 minutos cada un.
- Morte súbita: se o resultado continuara empatado tras disputarse os 20 minutos extra, xogaríase un tempo extra adicional de 10 minutos como máximo. Durante este período o primeiro equipo que houbese marcado puntos habería sido declarado gañador.
- Lanzamentos a paus: se despois deste período de morte súbita non se podería declararse un gañador, haberíase organizado unha competición de kicks dende o chan entre os dous equipos. O gañador desa competición habería sido gañador do partido.
Cuartos de final | Semifinais | Final | ||||||||
19 de outubro, Ōita [2] | ||||||||||
Inglaterra | 40 | |||||||||
26 de outubro, Yokohama [6] | ||||||||||
Australia | 16 | |||||||||
Inglaterra | 19 | |||||||||
19 de outubro, Tokio [3] | ||||||||||
Nova Zelandia | 7 | |||||||||
Nova Zelandia | 46 | |||||||||
2 de novembro, Yokohama [8] | ||||||||||
Irlanda | 14 | |||||||||
Inglaterra | 12 | |||||||||
20 de outubro, Ōita [4] | ||||||||||
Suráfrica | 32 | |||||||||
Gales | 20 | |||||||||
27 de outubro, Yokohama [7] | ||||||||||
Francia | 19 | |||||||||
Gales | 16 | |||||||||
20 de outubro, Tokio [5] | ||||||||||
Suráfrica | 19 | Terceiro posto | ||||||||
Xapón | 3 | |||||||||
1 de novembro, Tokio [9] | ||||||||||
Suráfrica | 26 | |||||||||
Nova Zelandia | 40 | |||||||||
Gales | 17 | |||||||||
Final
[editar | editar a fonte]2 de novembro de 2019
10:00h |
Inglaterra | 12-32 | Suráfrica |
---|---|---|
Ens: - Con: - Pen: Farrell (4/5) 23', 35', 52', 60' |
Ens: Mapimpi 66' c Kolbe 74' c Con: Pollard (2/2) 67', 75' Pen: Pollard (6/8) 10', 26', 39', 43', 46', 58' |
Máximos anotadores
[editar | editar a fonte]
|
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sedes anunciadas para la RWC de 2019 en Japón (en castelán)
- ↑ Inglaterra muestra sus poderes ante Australia y ya está en semifinales, artigo en Marca. (en castelán)
- ↑ Nueva Zelanda fue una máquina que se llevó por delante a Irlanda, artigo en Marca. (en castelán)
- ↑ Gales no brilla pero vence a Francia por la mínima y está en semifinales, artigo en Marca. (en castelán)
- ↑ Sudáfrica tira de oficio y pone fin a la aventura de Japón, artigo en Marca. (en castelán)
- ↑ Inglaterra ahoga a Nueva Zelanda y jugará la final del Mundial, artigo en Marca. (en castelán)
- ↑ Sudáfrica vence a Gales y jugará la final del Mundial, artigo en Marca. (en castelán)
- ↑ Sudáfrica gana el Mundial a Inglaterra en una final casi perfecta, artigo en Marca. (en castelán)
- ↑ Nueva Zelanda cierra con un bronce ante Gales la gran etapa de Steve Hansen, artigo en Marca. (en castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Novas sobre a Copa do Mundo de Rugby 2019 na web oficial da World Rugby Arquivado 05 de agosto de 2016 en Wayback Machine. (en inglés)