Copa do Rei de balonmán
Tipo | competición deportiva |
---|---|
Deporte | balonmán |
Organizador | ASOBAL |
Localización e Datas | |
País | España |
Vixencia | 1957 – |
Calendario da tempada | decembro – marzo |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Número de edición | 66 |
Competición | |
Primeiro posto | FC Barcelona (28º) (2024) |
Outro | |
Páxina web oficial | asobal.es… |
A Copa do Rei de balonmán é unha competición española de balonmán entre clubs, organizada desde 1991 pola ASOBAL (Asociación de Clubs Españois de Balonmán), e que se disputa cada ano desde 1957. É a segunda competición máis importante do balonmán español, tras a Liga ASOBAL.
Historia
[editar | editar a fonte]A Copa do Rei recibe este nome desde 1975 na honra ao Xefe de Estado de España. Entre 1957 e 1975 a competición recibiu a denominación de Copa do Xeneralísimo e nalgunhas edicións non enfrontou a clubs senón a seleccións provinciais. Con anterioridade, disputábase anualmente o Campionato de España de Balonmán a sete, torneo en formato copeiro que comezou a celebrarse en 1952 e que nalgunhas edicións tamén recibía o subtítulo de Copa do Xeneralísimo.[1]
Outra modalidade de balonmán, denominado "de campo" ou "a once", disputou de xeito descontinuo e en formato copeiro os Campionatos de España[2] da especialidade entre 1942 e 1959, en ocasións baixo o nome de Copa do Xeneralísimo.[3]
Sistema de competición
[editar | editar a fonte]O sistema de competición da Copa do Rei variou ao longo dos anos. Actualmente, dispútase durante catro días nunha soa cidade. Participan oito equipos: un equipo anfitrión-organizador, e os sete primeiros clasificados da Liga ASOBAL á finzalización da primeira volta. Un sorteo establece os emparellamentos dos equipos no cadro de competición. Dispútanse catro partidos de cuartos de final; os gañadores clasifícanse para as dúas semifinais. Os vencedores das semifinais enfróntanse na final, que se disputa a partido único. Cabe dicir que os dous primeiros clasificados da Liga ASOBAL á finalización da primeira volta son considerados "cabezas de serie" no sorteo inicial, de maneira que non poden ser emparellados entre eles e só poden atoparse na final, en caso que gañen os seus partidos de cuartos e semifinais.
Historial
[editar | editar a fonte]Palmarés
[editar | editar a fonte]Equipo | Campión | Subcampión |
---|---|---|
FC Barcelona | 23 | 14 |
Atlético de Madrid | 10 | 7 |
CB Calpisa | 5 | 1 |
BM Granollers | 3 | 7 |
BM Ciudad Real | 3 | 5 |
Bidasoa Irún | 2 | 4 |
BM Valladolid | 2 | 2 |
Teka Cantabria | 2 | 1 |
SDC San Antonio | 2 | 1 |
Selección de Madrid | 2 | 0 |
Selección de Guipúscoa | 1 | 2 |
Selección de Barcelona | 1 | 2 |
Reale Ademar León | 1 | 2 |
Marcol | 1 | 1 |
CF Arrahona | 1 | 0 |
CB Alzira Avidesa | 1 | 0 |
BM Atlético de Madrid | 2 | 0 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/1952/03/22/pagina-3/630910/pdf.html.
- ↑ http://www.rfebm.net/Competiciones/PAHIST01.HTM Arquivado 01 de outubro de 2013 en Wayback Machine..
- ↑ http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/1942/10/26/pagina-1/652009/pdf.html.
- ↑ http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/1986/06/09/pagina-51/1142199/pdf.html.
- ↑ http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/1966/06/09/pagina-9/939155/pdf.html.
- ↑ http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/1965/06/14/pagina-9/937606/pdf.html.
- ↑ http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/1964/06/15/pagina-7/928143/pdf.html.
- ↑ http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/1960/04/13/pagina-6/649111/pdf.html.
- ↑ http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/1958/04/14/pagina-1/645659/pdf.html.