Saltar ao contido

Caporos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Copori»)
Localización aproximada do pobo dos Caporos na provincia romana da Gallaecia.

Os caporos[1] (en latín: Capori) eran un pobo galaico da Gallaecia, pertencente ao Convento xurídico lucense.

Os caporos son citados por Plinio o Vello, e por Tolomeo. Os caporos persistían no século VI, de facer caso dalgunhas edicións do Parochiale suevorum, no que son citados como unha das parroquias pertencentes á sede de Iria Flavia.

Redución xeográfica

[editar | editar a fonte]

As citas de Plinio, que os coloca nunha lista entre os supertamarcos e os praestamarcos[2] fai supor que estaban situados na fachada atlántica de Galicia, indicando ademais que Iria Flavia pertencía ao seu territorio. Pola súa parte, Mela tamén os sitúa en Lucus Augusti, o que permite supor que se situaban territorialmente, nunha banda de terra que ía desde a desembocadura do río Ulla, onde persiste aínda Iria, e seguía a conca do Ulla até a cidade de Lugo (Lucus).[3] Porén, o feito de que tanto o Forum Coporum como o Divisio Teodomiri (ou parroquial suevo) corroboren o relato de Plinio e contradigan a Mela, tende a localizar aos Caporos nun territorio que vai desde a desembocadura do Ulla ata a actual Compostela desbotando a inclusión da cidade de Lugo.[4]

  1. Definición de caporos no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. López Cuevillas, Florentino (1953). La civilización céltica en Galicia. Porto. p. 53. Consultado o 11 de xuño de 2020. 
  3. Flórez, Enrique (2004). La provincia antigua de Galicia y su metrópoli, la Iglesia de Braga. p. 58. 
  4. Alberro, Manuel (1999). "Los pueblos celtas del Noroeste de la Península Ibérica" (PDF). Anuario Britantino 22: 62. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]