Copretérito de indicativo
Aparencia
O copretérito[1] ou pretérito imperfecto de indicativo é un tempo verbal que expresa coincidencia temporal respecto a un referendo pasado[2]. O referendo pode ser achegado mesmo por un adverbio.
Morfoloxicamente está por unha raíz, unha vogal temática, un sufixo modo-temporal e un sufixo de número e persoa. O sufixo modo-temporal é o morfema "ba" no caso da primeira conxugación e o morfema "a" no caso da segunda e terceira conxugación verbal.
Valores do copretérito de indicativo
[editar | editar a fonte]- Durativo e habitual: Sempre xantabamos tarde.
- Narrativo: O narrado áchase nun pasado vago: Era unha fadiña tristeira.
- Acción habitual no pasado: Os mércores adestrabamos xuntos.
- Contemporaneidade no pasado: Entón, sentiamos unhas pegadas arrepiantes.
- Intemporalidade no pasado: Cando cheguei a vello, deime de conta de que a vellez era un inverno.
- Prospección dende o pasado: Comentoume que emigraba ó mes seguinte.
- Modal:
- Valor de cortesía: Perdoe, quería comentarlle...
- Intención expresiva: Comíao a bicos!
Formas
[editar | editar a fonte]andaba | varría | partía |
andabas | varrías | partías |
andaba | varría | partía |
andabamos | varriamos | partiamos |
andabades | varriades | partiades |
andaban | varrían | partían |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para copretérito.
- ↑ Freixeiro Mato, X. R. (2006). Gramática da lingua galega. II: Morfosintaxe (2ª ed.). A Nosa Terra. p. 344-345.