Coprofilia
A coprofilia é unha parafilia considerada como unha clase de fetichismo, consistente na excitación sexual producida polas feces, e adoita combinarse con sadomasoquismo ou infantilismo.
Características
[editar | editar a fonte]A coprofilia consiste na atracción por ulir, saborear ou ollar o acto de defecación como fonte de excitación sexual e pracer. Esta actividade erótica pódese practicar solitariamente ou en parella. Algúns coprófilos practican a coprofaxia, é dicir, inxiren feces, o que pode afectar a saúde debido aos riscos de infección de enfermidades.
Segundo Sigmund Freud, as tendencias coprofílicas son normais no neno, que, sobre todo na fase anal, non manifesta ningún desgusto polos excrementos e ata se sente orgulloso deles e os emprega como medio de autoafirmación en relación cos adultos. Sostén que o interese polos excrementos do neno non está divorciado do interese sexual, a separación entre ambos sobrevén despois pero permanece sempre incompleta, permanecendo eficaz durante a vida adulta unha parte das inclinacións coprófilas en forma de neuroses ou perversións.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ GALLIMBERTI, U. Diccionario de psicología. Siglo XXI (en castelán). ISBN 968-23-2618-4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Coprofilia |