Corpo P
Os corpos P ou corpos de procesamento son formacións diferenciadas no citoplasma das células eucarióticas formadas por unha concentración de moitos encimas implicados no recambio do ARNm. Os corpos P foron observados nas células somáticas de vertebrados e invertebrados, e tamén plantas, lévedos e tripanosomas[1]. Ata agora descubriuse que os corpos P xogan papeis fundamentais nos seguintes procesos:
- Degradación xeral do ARNm.
- Degradación do ARNm mediada por sen sentido.
- Degradación mediada por elementos ricos en AU,
- Eliminación da carapucha 5' do ARNm.
- Almacenamento de ARNms que sexan necesarios para a súa tradución.
- Silenciamento do ARNm inducido por miARN (interferencia por ARN).[1]
Non todos os ARNm que entran nos corpos P son degradados, xa que se demostrou que algúns ARNms que se poden encontrar nos corpos P poden reiniciar a tradución.[2][3]
Nas neuronas, os corpos P móvense dentro da célula arrastrados por proteínas motoras en resposta á estimulación. Isto está probablemente ligado á tradución local en dendritas.[4]
Os corpos P foron descritos por primeira vez por Bashkirov et al.[5] en 1997, que describiu "pequenos gránulos… focos prominentes discretos" como localización citoplásmica da exorribonuclease mXrn1p de rato. Ata 2002 non se estudou a natureza e importancia destas formacións citoplasmáticas.[6][7][8] En 2002, demostrouse que moitas proteínas implicadas na degradación do ARNm se localizaban nesas formacións. Durante este tempo, utilizáronse moitos nomes para describilos, como "corpos GW" e "corpos de eliminación da carapucha"; pero "corpos de procesamento" ou "corpos P" foi o termo que se acabou preferindo e agora é usado e aceptado amplamente na literatrura científica.
Recentemente presentáronse probas que suxiren que os corpos GW e os corpos P poderían ser en realidade compoñentes diferentes da célula.[9] As evidencias mostran que as proteínas GW182 e Ago2, que están ambas as dúas asociadas co silenciamento de xenes por miARN, se encontran exclusivamente en corpos multivesiculares ou corpos GW e non están localizados nos corpos P. Ademais, os corpos P non son equivalentes aos gránulos de estrés, xa que as dúas estruturas colaboran en funcións celulares solapadas pero xeralmente aparecen baixo diferentes estímulos. Hoyle et al. suxiren que unha nova formación denominada corpo EGP, ou gránulos de estrés, pode ser responsable do almacenamento do ARNm, xa que estas formacións carecen do encima que elimina a carapucha 5'.[10]
Os corpos P e os microARN
[editar | editar a fonte]A represión mediada por microARN ocorre de dous modos, ou ben por represión traducional ou ao estimular a degradación do ARNm. O miARN recruta o complexo RISC no ARNm ao cal está unido. A asociación cos corpos P vén do feito de que moitas ou talvez a maioría das proteínas necesarias para o o silenciamento de xenes por miARN están localizadas nos corpos P.[1][11][12][13][14] Estas proteínas inclúen entre outras a proteína de armazón GW182, a proteína Argonauta (Ago), encimas que eliminan a carapucha do ARNm e ARN helicases. As evidencias actuais apuntan a que os corpos P son centros de armazón para a función do ARNm, especialmente porque un knockdown de GW182 interrompe a formación dos corpos P. Porén, hai moitas cuestións sen resolver sobre os corpos P e a súa relación coa actividade do miARN. Especificamente, non se sabe se hai unha especificidade dependente de contexto (estado de estrés fronte ao normal) para o mecanismo de acción dos corpos P. Tendo en conta a evidencia de que os corpos P ás veces son o sitio de degradación do ARNm e ás veces o ARNm pode saír dos corpos P e reiniciar a tradución, permanece sen resolver a cuestión de que é o que controla ese cambio. Outro punto ambiguo é se as proteínas que se localizan nos corpos P funcionan activamente no proceso de silenciamento de xenes ou se simplemente os manteñen e estado de espera.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Kulkarni, M.; Ozgur, S.; Stoecklin, G. (2010). "On track with P-bodies". Biochemical Society transactions 38 (Pt 1): 242–251. doi:10.1042/BST0380242. PMID 20074068.
- ↑ Brengues, M.; Teixeira, D.; Parker, R. (2005). "Movement of eukaryotic mRNAs between polysomes and cytoplasmic processing bodies". Science 310 (5747): 486–489. Bibcode:2005Sci...310..486B. doi:10.1126/science.1115791. PMC 1863069. PMID 16141371.
- ↑ Bhattacharyya, S.; Habermacher, R.; Martine, U.; Closs, E.; Filipowicz, W. (2006). "Relief of microRNA-mediated translational repression in human cells subjected to stress". Cell 125 (6): 1111–1124. doi:10.1016/j.cell.2006.04.031. PMID 16777601.
- ↑ Cougot, Nicolas; Bhattacharyya, Suvendra N.; Tapia-arancibia, Lucie; Bordonne, Remy; Filipowicz, Witold; Bertrand, Edouard; Rage, Florence (2008). "Dendrites of Mammalian Neurons Contain Specialized P-Body-Like Structures That Respond to Neuronal Activation". Journal of Neuroscience 28 (51): 13793. PMID 19091970. doi:10.1523/JNEUROSCI.4155-08.2008.
- ↑ Bashkirov, V. I.; Scherthan, H.; Solinger, J. A.; Buerstedde, J. -M.; Heyer, W. -D. (1997). "A Mouse Cytoplasmic Exoribonuclease (mXRN1p) with Preference for G4 Tetraplex Substrates". Journal of Cell Biology 136 (4): 761. doi:10.1083/jcb.136.4.761. PMC 2132493. PMID 9049243.
- ↑ Eystathioy, T.; Chan, E.; Tenenbaum, S.; Keene, J.; Griffith, K.; Fritzler, M. (2002). "A phosphorylated cytoplasmic autoantigen, GW182, associates with a unique population of human mRNAs within novel cytoplasmic speckles". Molecular Biology of the Cell 13 (4): 1338–1351. doi:10.1091/mbc.01-11-0544. PMC 102273. PMID 11950943.
- ↑ Ingelfinger, D.; Arndt-Jovin, D. J.; Lührmann, R.; Achsel, T. (2002). "The human LSm1-7 proteins colocalize with the mRNA-degrading enzymes Dcp1/2 and Xrnl in distinct cytoplasmic foci". RNA 8 (12): 1489–1501. PMC 1370355. PMID 12515382.
- ↑ Van Dijk, E.; Cougot, N.; Meyer, S.; Babajko, S.; Wahle, E.; Séraphin, B. (2002). "Human Dcp2: A catalytically active mRNA decapping enzyme located in specific cytoplasmic structures". The EMBO Journal 21 (24): 6915–6924. doi:10.1093/emboj/cdf678. PMC 139098. PMID 12486012.
- ↑ Gibbings, D.; Ciaudo, C.; Erhardt, M.; Voinnet, O. (2009). "Multivesicular bodies associate with components of miRNA effector complexes and modulate miRNA activity". Nature Cell Biology 11 (9): 1143–1149. doi:10.1038/ncb1929. PMID 19684575.
- ↑ 10.^ Hoyle, N.; Castelli, L.; Campbell, S.; Holmes, L.; Ashe, M. (2007). "Stress-dependent relocalization of translationally primed mRNPs to cytoplasmic granules that are kinetically and spatially distinct from P-bodies". Journal of Cell Biology 179 (1): 65–74. doi:10.1083/jcb.200707010. PMC 2064737. PMID 17908917.
- ↑ Liu, J.; Valencia-Sanchez, M.; Hannon, G.; Parker, R. (2005). "MicroRNA-dependent localization of targeted mRNAs to mammalian P-bodies". Nature Cell Biology 7 (7): 719–723. doi:10.1038/ncb1274. PMC 1855297. PMID 15937477.
- ↑ Liu, J.; Rivas, F.; Wohlschlegel, J.; Yates Jr, 3.; Parker, R.; Hannon, G. (2005). "A role for the P-body component GW182 in microRNA function". Nature Cell Biology 7 (12): 1261–1266. doi:10.1038/ncb1333. PMC 1804202. PMID 16284623.
- ↑ Sen, G.; Blau, H. (2005). "Argonaute 2/RISC resides in sites of mammalian mRNA decay known as cytoplasmic bodies". Nature Cell Biology 7 (6): 633–636. doi:10.1038/ncb1265. PMID 15908945.
- ↑ Eystathioy, T.; Jakymiw, A.; Chan, E. K.; Séraphin, B.; Cougot, N.; Fritzler, M. J. (2003). "The GW182 protein colocalizes with mRNA degradation associated proteins hDcp1 and hLSm4 in cytoplasmic GW bodies". RNA 9 (10): 1171–1173. doi:10.1261/rna.5810203. PMC 1370480. PMID 13130130.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Kulkarni, M.; Ozgur, S.; Stoecklin, G. (2010). "On track with P-bodies". Biochemical Society transactions 38 (Pt 1): 242–251. doi:10.1042/BST0380242. PMID 20074068. Kulkarni et al. proporciona unha "revisión" sobre os corpos P e unha táboa con todas as proteínas detectadas nos corpos P ata 2010.
- Eulalio, Ana; Behm-Ansmant, Isabelle; Izaurralde, Elisa (2007). "P bodies: at the crossroads of post-transcriptional pathways". Nat Rev Mol Cell Biol 8 (1): 9–22. PMID 17183357. doi:10.1038/nrm2080.
- Marx, J. (2005). "MOLECULAR BIOLOGY: P-Bodies Mark the Spot for Controlling Protein Production". Science 310 (5749): 764–765. doi:10.1126/science.310.5749.764. PMID 16272094. edit
- Anderson, P.; Kedersha, N. (2009). "RNA granules: post-transcriptional and epigenetic modulators of gene expression". Nature reviews. Molecular cell biology 10 (6): 430–436. doi:10.1038/nrm2694. PMID 19461665.