Corpo de Lewy
Os corpos de Lewy son agregados anormais de proteínas que se desenvolven dentro das células nerviosas, contribuíndo á enfermidade de Parkinson, ás demencias de corpos de Lewy (demencia da enfermidade de Parkinson e demencia con corpos de Lewy), e algúns outros trastornos. Tamén se observan en casos de atrofia multisistémica, especialmente a variante parkinsoniana (MSA-P).[1]
Identifícanse baixo o microscopio en exames histolóxicos do cerebro. Os corpos de Lewy teñen o aspecto de masas esféricas que desprazan outros compoñentes celulares. Os corpos de Lewy poden encontrarse no tronco cerebral (dentro da substancia negra) ou no córtex cerebral. Un corpo de Lewy clásico é unha inclusión citoplasmática eosinófila que consiste nunha parte central densa rodeada dun halo de 10 nm de largo radiando fibrilas, cuxo principal compoñente estrutural é a alfa-sinucleína. Os corpos de Lewy corticais están tamén compostos de fibrilas de alfa-sinucleína, pero están menos definidos e carecen de halos. En histopatoloxía, os corpos de Lewy corticais son unha característica distintiva da demencia con corpos de Lewy, pero poden verse ocasionalmente en neuronas globo características da enfermidade de Pick e a dexeneración corticobasal,[2] así como en pacientes con outras tauopatías.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]En 1910, Fritz Heinrich Lewy estaba estudando en Berlín para o seu dotoramento.[4] Foi o primeiro doutor en decatarse que a presenza de certas proteínas pouco comúns no cerebro facía que algunhas persoas actuasen e pensasen de forma diferente, pero daquela os científicos non puideran determinar a función destas proteínas. Os corpos que descubriu acabaron por coñecerse como corpos de Lewy, como se publicou en 1912 no libro Handbook of Neurology,[5] comparándoos cos anteriores descubrimentos de Gonzalo Rodríguez Lafora.[6] En 1913, Lafora describira outro caso, e recoñeceu a Lewy como o descubridor, chamándoos corpos intracelulares de Lewy (corpos de Lewy).[6] Konstantin Nikolaevich Trétiakoff atopounos en 1919 na substancia negra de cerebros con Párkinson, chamoulles corpos de Lewy e é recoñecido como o acuñador do epónimo.[6] Eliasz Engelhardt argumentou en 2017 que para el Lafora é quen debería ser recoñecido como creador do epónimo, porque el nomeounos seis anos antes que Trétiakoff.[6] En 1923, Lewy publicou os seus descubrimentos nun libro titulado The Study on Muscle Tone and Movement. Including Systematic Investigations on the Clinic, Physiology, Pathology, and Pathogenesis of Paralysis agitans.[7]
Segundo o Journal of the History of the Neurosciences, o Dr. Lewy interesouse en estudar máis sobre a neuroloxía do cerebro, debido ao descubrimento que fixo Alois Alzheimer en 1906. O artigo menciona que o terceiro caso do que se informou de enfermidade de Alzheimer tiña estruturas histolóxicas que parecían ser similares ás preparacións histolóxicas con corpos de Lewy.[8]
Bioloxía celular
[editar | editar a fonte]Un corpo de Lewy está composto pola proteína alfa-sinucleína asociada con outras proteínas, como a ubiquitina,[10] proteína do neurofilamento e a alfa B cristalina. As proteínas tau tamén poden estar presentes e os corpos de Lewy poden ás veces estar rodeados de nobelos neurofibrilares.[11][12] Os corpos de Lewy e os nobelos neurofibrilares poden ocasionalmente aparecer na mesma neurona, especialmente na amígdala.[13]
Os corpos de Lewy crese que representan unha resposta de agresoma na célula.[14]
A alfa-sinucleína modula os procesos de reparación do ADN, incluíndo a reparación de roturas de dobre febra no ADN polo proceso da unión de extremos non homólogos.[15] A función de reparación de alfa-sinucleína parece estar moi reducida nas neuronas que conteñen corpos de Lewy, e esta redución pode desencadear a morte celular.
Neuritas de Lewy
[editar | editar a fonte]As neuritas de Lewy son neuritas anormais en neuronas enfermas, que conteñen material granular e filamentos anormais de α-sinucleína similares aos que se encontran nos corpos de Lewy.[16] Igual que os corpos de Lewy, as neuritas de Lewy son unha característica das α-sinucleinopatías, como a demencia con corpos de Lewy, a enfermidade de Parkinson, e a atrofia multisistémica.[17] Tamén se encontra na rexión CA2-3 do hipocampo na enfermidade de Alzheimer.[17]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jellinger KA (September 2007). "More frequent Lewy bodies but less frequent Alzheimer-type lesions in multiple system atrophy as compared to age-matched control brains". Acta Neuropathologica 114 (3): 299–303. PMID 17476513. doi:10.1007/s00401-007-0227-4.
- ↑ Dickson DW, Feany MB, Yen SH, Mattiace LA, Davies P (1996). Cytoskeletal pathology in non-Alzheimer degenerative dementia: new lesions in diffuse Lewy body disease, Pick's disease, and corticobasal degeneration. Journal of Neural Transmission. Supplementum. Journal of Neural Transmission Supplement 47. pp. 31–46. ISBN 978-3-211-82823-6. PMID 8841955. doi:10.1007/978-3-7091-6892-9_2.
- ↑ Popescu A, Lippa CF, Lee VM, Trojanowski JQ (December 2004). "Lewy bodies in the amygdala: increase of alpha-synuclein aggregates in neurodegenerative diseases with tau-based inclusions". Archives of Neurology 61 (12): 1915–9. PMID 15596612. doi:10.1001/archneur.61.12.1915.
- ↑ Lewy, Friedrich. "Whonamedit?".
- ↑ Hake MD, Ann Marie. "Dementia with Lewy bodies". MEDMERITS TM. Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2016.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Engelhardt E (October 2017). "Lafora and Trétiakoff: the naming of the inclusion bodies discovered by Lewy". Arquivos de Neuro-Psiquiatria (Historical article) 75 (10): 751–753. PMID 29166468. doi:10.1590/0004-282X20170116.
- ↑ Engelhardt E, Gomes MD (2017). "Lewy and his inclusion bodies: Discovery and rejection". Dementia & Neuropsychologia 11 (2): 198–201. PMC 5710688. PMID 29213511. doi:10.1590/1980-57642016dn11-020012.
- ↑ García-Albea E, Pérez Trullen JM (December 2003). "The Spanish school of neurology and the first American cases of Alzheimer's disease". Journal of the History of the Neurosciences 12 (4): 437–45. PMID 15069873. doi:10.1076/jhin.12.4.437.27919.
- ↑ Braak H, Del Tredici K, Rüb U, de Vos RA, Jansen Steur EN, Braak E (March–April 2003). "Staging of brain pathology related to sporadic Parkinson's disease". Neurobiology of Aging 24 (2): 197–211. PMID 12498954. doi:10.1016/S0197-4580(02)00065-9.
- ↑ Engelender S (April 2008). "Ubiquitination of alpha-synuclein and autophagy in Parkinson's disease". Autophagy 4 (3): 372–4. PMID 18216494. doi:10.4161/auto.5604.
- ↑ Ishizawa T, Mattila P, Davies P, Wang D, Dickson DW (April 2003). "Colocalization of tau and alpha-synuclein epitopes in Lewy bodies". Journal of Neuropathology and Experimental Neurology 62 (4): 389–97. PMID 12722831. doi:10.1093/jnen/62.4.389.
- ↑ Arima K, Hirai S, Sunohara N, Aoto K, Izumiyama Y, Uéda K, Ikeda K, Kawai M (October 1999). "Cellular co-localization of phosphorylated tau- and NACP/alpha-synuclein-epitopes in lewy bodies in sporadic Parkinson's disease and in dementia with Lewy bodies". Brain Research 843 (1–2): 53–61. PMID 10528110. doi:10.1016/S0006-8993(99)01848-X.
- ↑ Schmidt ML, Martin JA, Lee VM, Trojanowski JQ (1996). "Convergence of Lewy bodies and neurofibrillary tangles in amygdala neurons of Alzheimer's disease and Lewy body disorders". Acta Neuropathologica 91 (5): 475–81. PMID 8740227. doi:10.1007/s004010050454.
- ↑ Tanaka M, Kim YM, Lee G, Junn E, Iwatsubo T, Mouradian MM (February 2004). "Aggresomes formed by alpha-synuclein and synphilin-1 are cytoprotective". The Journal of Biological Chemistry 279 (6): 4625–31. PMID 14627698. doi:10.1074/jbc.M310994200. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 02 de maio de 2020.
- ↑ Schaser AJ, Osterberg VR, Dent SE, Stackhouse TL, Wakeham CM, Boutros SW, Weston LJ, Owen N, Weissman TA, Luna E, Raber J, Luk KC, McCullough AK, Woltjer RL, Unni VK. Alpha-synuclein is a DNA binding protein that modulates DNA repair with implications for Lewy body disorders. Sci Rep. 2019 Jul 29;9(1):10919. PMID: 31358782 PMCID:PMC6662836 DOI: 10.1038/s41598-019-47227-z
- ↑ Spillantini MG, Crowther RA, Jakes R, Hasegawa M, Goedert M (May 1998). "alpha-Synuclein in filamentous inclusions of Lewy bodies from Parkinson's disease and dementia with lewy bodies". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 95 (11): 6469–73. PMC 27806. PMID 9600990. doi:10.1073/pnas.95.11.6469.
- ↑ 17,0 17,1 Marui W, Iseki E, Kato M, Akatsu H, Kosaka K (August 2004). "Pathological entity of dementia with Lewy bodies and its differentiation from Alzheimer's disease". Acta Neuropathologica 108 (2): 121–8. PMID 15235805. doi:10.1007/s00401-004-0869-4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Corpo de Lewy |