Corpus Christi de Ponteareas
Corpus Christi de Ponteareas | |
---|---|
Alfombra de flores en Ponteareas. | |
Localización | Ponteareas, Galicia. |
Anos | 1857- |
Nº edicións | intederminado |
Fundadores | tradición popular |
Data | |
Xénero | relixoso |
Organizador | Concello de Ponteareas |
Web oficial | |
Na rede |
A festa do Corpus Christi celébrase con especial énfase na localidade pontevedresa de Ponteareas, sendo unhas das festas máis representativas do concello. A data da celebración é a fin de semana seguinte ao xoves do Corpus Christi. En 1980 foi declarada Festa de Interese Turístico Nacional, e en 2009 recibiu o recoñecemento de Festa de Interese Turístico Internacional.
Durante as festas do Corpus, é característico a colocación de alfombras feitas con follas, flores e outros elementos naturais, recubrindo as principais e máis céntricas rúas da localidade. As alfombras permanecen intactas na súa confección, na madrugada do sábado, ata a procesión do domingo, que percorre todas as rúas decoradas con esta arte. Os preparativos para a confección destas comezan entre 30 e 40 días antes da celebración, e tradicionalmente eran realizadas polas mulleres da vila.[1]
A vila de Ponteareas está irmandada coa vila canaria de La Orotava (Tenerife), onde tamén se realizan alfombras semellantes que cobren as súas rúas.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ponteareas virtual. (ed.). "Corpus Christi Ponteareas.". Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2016. Consultado o 7 de abril de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Corpus Christi de Ponteareas |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- turismoponteareas.gal Arquivado 20 de abril de 2016 en Wayback Machine. Información da celebración na páxina do Concello de Ponteareas.
- Miles de persoas visitan no Corpus Ponteareas e Ares. TVG