Correndo por Vigo
Tipo | carreira popular |
---|---|
Deporte | carreira a pé |
Localización e Datas | |
Localización | Vigo (Provincia de Pontevedra) 42°14′09″N 8°43′36″O / 42.2358, -8.7267 |
País | España |
Vixencia | 2012 – |
Correndo por Vigo é unha carreira popular que se disputa na cidade olívica.
Descrición
[editar | editar a fonte]A primeira edición foi o 8 de xaneiro de 2012, con saída é chegada nas proximidades do Centro Comercial Travesía, no lugar do Troncal do barrio de Teis, e un percorrido aproximado de 8.000 metros. Foi organizada pola empresa Running Solutions e o Concello de Vigo.[1]
Tivo unha participación de máis de 500 corredores, entre eles Alejandro Gómez, o vigués Elías Domínguez (terceiro clasificado), o porriñés Santiago López (segundo) ou o catalán Jaume Leiva (gañador cun tempo de 23:12).[2] En mulleres gañou Iria Fernández facendo 31:17, seguida de Nuria Pérez e Inma Rodríguez.[3]
Seguintes edicións foron o 13 de xaneiro de 2013 (2ª), o 25 de maio de 2013 (nocturna) e o 12 de xaneiro de 2014 (3ª).