Cortaventos
Un cortaventos, quebraventos ou cortina forestal[1] é unha especie de pantalla usualmente realizada cunha ou máis fileiras de árbores plantadas así de xeito de dar abeiro aos cultivos agrícolas (tamén xardíns, pastos, áreas de lecer, infraestruturas, estradas) contra os ventos, previr erosión eólica, ou unha evapotranspiración brusca. Plántanse arredor dos bordos das leiras, campos agrícolas ou coutadas. Tamén poden estar realizadas con plantas anuais.
En edificios, se se deseña correctamente unha cortina, pode reducirse o custo de quecer e arrefriar, aforrando, logo, enerxía.
Nas estradas, os cortaventos actúan contra os refachos, axudan a manter libre de neve a fita asfáltica, e poden servir de hábitat para a fauna. Tamén serven para abeirar do tránsito ás poboacións achegadas e á fauna silvestre de ruídos e polución.
Outro uso das cortinas forestais é o de agochar impactos visuais, desde as esptradas por exemplo; tamén reducen ruídos, e melloran a separación entre animais de granxa e estradas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sinónimos en: Vocabulario forestal, VV. AA. (2012), Santiago de Compostela, Universidade / Deputación de Lugo