Saltar ao contido

Cortexo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caixa de marfil con escenas de romances. Posiblemente un agasallo de cortexo.

O cortexo é a escolla e atracción dunha persoa a outra co fin de estabelecer unha relación íntima, a cal adoita implicar amor, sexo, compromiso, cohabitación, matrimonio ou reprodución. O cortexo sexual é levado a cabo por moitas especies animais; tamén inclúe ó home, e a súa durabilidade é moi variada entre as mesmas.

Tradicións

[editar | editar a fonte]

Mentres que a cita adoita ser algo netamente ocasional na maioría das culturas occidentais, en moitas sociedades tradicionais, o cortexo é unha actividade estruturada con regras moi específicas e formais. Nalgunhas sociedades, os pais ou a comunidade elixen potenciais compañeiros para os seus fillos ou membros de devanditas comunidades respectivamente. No Xapón, existe un tipo de cortexo chamado «ommiada» con esas características, no cal os pais pagan a un experto para axudarlles a elixir compañeiros potenciais para os seus fillos. Se a parella acepta, realízase un encontro formal no que o experto e frecuentemente os pais están presentes. Despois duns poucos encontros, a parella debe decidir se casar ou non.

Nalgunhas culturas, o cortexo é abolido pola práctica do matrimonio arranxado, no que os compañeiros para as persoas novas son elixidos tipicamente polos seus pais.