Corvos da Torre de Londres
Os corvos da Torre de Londres son un grupo de, polo menos, seis corvos que viven na Torre de Londres.[2] Tradicionalmente, crese que a súa presenza protexe a Coroa e a torre. Unha superstición di que "se os corvos da Torre de Londres se perden ou marchan, a Coroa vai caer e, con ela, Gran Bretaña".[3]
A nivel histórico, os corvos salvaxes eran comúns en Gran Bretaña, mesmo nas cidades, e a torre atopábase dentro da súa área de distribución natural. Cando foron exterminados de boa parte do seu hábitat natural, incluíndo Londres, só podían vivir en catividade na torre e co apoio oficial. A lenda sitúa a orixe da poboación de corvos en catividade nos tempos do Rei Carlos II (reinado entre 1660-85). Algúns historiadores cren que o "mito dos corvos da torre é, probablemente, unha fantasía da era vitoriana".[4] Algúns dos corvos da torre foron criados especificamente en Somerset.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ «A Guide to the Tower Ravens».
- ↑ «Learn about the ravens Arquivado 27 de febreiro de 2016 en Wayback Machine.».
- ↑ «The guardians of the Tower Arquivado 27 de febreiro de 2016 en Wayback Machine.».
- ↑ Kennedy, Maev (15 de novembro de 2004). "Tower's raven mythology may be a Victorian flight of fantasy". The Guardian. Consultado o 29 de maio de 2017.
- ↑ "Tower of London's Jubilee raven released". BBC. 26 de decembro de 2012. Consultado o 29 de maio de 2017.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Corvos da Torre de Londres |