Corymbia ficifolia
Corymbia ficifolia | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Flores do eucalipto. | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Non ameazado | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
'Corymbia ficifolia' (F.Muell.) K.D.Hill & L.A.S.Johnson, 1995 |
O Corymbia ficifolia, previamente Eucalyptus ficifolia, é unha árbore da familia Myrtaceae (a mesma familia na que se inclúen os eucaliptos verdadeiros). Emprégase coma ornamental en Galicia.[Cómpre referencia]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e1/Starr_071024-8796_Corymbia_ficifolia.jpg/250px-Starr_071024-8796_Corymbia_ficifolia.jpg)
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]É nativo dunha área pequena das costas do sur de Australia Occidental (dunhas ducias de quilómetros) ao leste da localidade de Walpole (430 km ao sueste de Perth), porén non é considerada vulnerábel en estado salvaxe.
En Australia denomínana "Red Flowering Gum" (eucalipto de flor vermella)
Prefire solos infértiles e areentos, mais adáptase de xeito doado a unha gran diversidade de condicións tépedas. Non atura as xeadas severas ou o exceso de humidade tropical.
Úsase coma ornamental coma árbore de beirarrúa: algo resistente ao frío, de moderado crecemento, non adoita requirir poda.
Non se reproduce por esgallos, pero faino ben de semente, tarda ao redor de 7 anos antes de que floreza por vez primeira e 15-20 anos para acadar o seu tamaño final que é de entre 2–8 m como máximo.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Corymbia ficifolia foi descrita por (F.Muell.) K.D.Hill & L.A.S.Johnson e publicado en Telopea 6: 245. 1995.[1]
- Eucalyptus ficifolia F.Muell.
- Eucalyptus ficifolia var. alba Guilf.
- Eucalyptus ficifolia var. bakeri Guilf.
- Eucalyptus ficifolia var. carmina Blakely
- Eucalyptus ficifolia var. rosea Guilf.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Corymbia ficifolia |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hill, K.D. & Johnson, L.A.S., (1995) Systematic studies in the eucalypts. 7. A revision of the bloodwoods, genus Corymbia (Myrtaceae). Telopea 6(2-3).: 245 [comb. nov.]
- Wheeler, J.R., Marchant, N.G. & Lewington, M.(2002) Flora of the South West 2.: 698
- Taplin, R.L. & Symon, D.E., (2008) Remnant horticultural plants at the site of the former Newman's Nursery, 1854-1932. Journal of the Adelaide Botanic Gardens 22.: 84