Cousas de tolos
Aparencia
Cousas de tolos (en xaponés: Osomatsu-kun) é unha serie xaponesa dirixida por Akira Shigino, que comezou a se emitir en Galicia o 15 de outubro do 2007, no programa infantil Xabarín Club da TVG.
Sinopse
[editar | editar a fonte]A serie narra a vida cotiá de dúas familias antagónicas: a familia Tontobón, integrada por un fillo e un pai parvos e unha nai e outro fillo listos, e os Osomatsu, unha familia de seis membros que volven tolos ao barrio coas súas falcatruadas.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Os sextoxemelgos (Muttsuko): Son seis irmáns xemelgos, Osomatsu, Karamatsu, Choromatsu, Ichimatsu, Joshimatsu e Todomatsu, son os protagonistas principais.
- Koneho (Iyami): Koneho vén de Francia, unha personaxe pérfida e retorcido, é moi pobre e quere facerse rica pasándo por estar morto, robar á xente para despois vender o roubado etc. É o curmán de Chibita e o inimigo dos irmáns Osomatsu. Cando va a algún restaurante lisca sempre sen pagar.
- Tetoko Metoko (Totoko): Unha meniña tan doce coma petulante. Case que todos namoran dela, Koneho, Chibita, Hatabo etc. Ademais, é a única rapaza que sae na serie.
- Chibita: É o pequeno da serie, e o máis sensíbel. Artella plans malvados para Osomatsu e os seus irmáns, canda Koneho.
- Matsuzo
- Matsuyo
- Hatabo Metenabo (Hatabo Dajoo): Un rapaz moi amigo de Chibita. Está namorado de Tetoko.
- Dekapan: O inventor da serie. Tamén sae nalgúns capítulos facéndose pasar por outras persoas, por exemplo, Deus, o tío dos irmáns Osomatsu etc.
- Dayon: (o seu nome vén da palabra xaponesa "Dayo" que significa "así", pero terminada en "n" nasal, é algo semellante a que nós dixeramos "asín")
- Avoo (Noojisan)
- Chikako
- Señor Honkan: Policía; gústalle disparar ao tolo sen parar.
- O can nocturno
- Jajako
- Kemunpasu
- Beshi
- O avó de Rerere
- Nyarome
- Zukiko: É rapaza máis popular do barrio despois da rapaza snob Totoko.