Couto de Lampai
O Couto de Lampai foi un terreo doado en 1156 polo rei Afonso VII ao plebeo Sancho Eanes. A doazón está confirmada nun documento conservado no Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago de Compostela (tombo B, folio 222), redactado o 29 de outubro dese mesmo ano.
Toponimia
[editar | editar a fonte]A orixe do topónimo é o latín cautum, que é un "(lugar) cercado", para poder defendelo mellor.[1]
Localización
[editar | editar a fonte]Está situado na parroquia de Cruces (Padrón), preto de Iria Flavia e da parroquia de Lampai (Teo). O terreo ten 22 hectáreas, e abrangue varias entidades de poboación. Está atravesado pola vía portuguesa do camiño de Santiago e pola autoestrada AP-9.
Limitaría ao norte cos montes das Penises e Figueira Labrada, ao sur cos montes de Pastoriza, ao leste co lugar de Lampai, e ao oeste cos lugares de Queiruga e Pazos.
Marcos
[editar | editar a fonte]O couto está definido con catro marcos como lindes do terreoa.
O marco I[2] está a carón do rego de Tarrío (entre O Pedroso do Norte e Lampai), no actual límite entre os concellos de Padrón e Teo. Inclúe o texto era mcmxciv et quotum i kalendas septemberis cum auctoritatem imperatoris et omnibus intervinientibus patronim statuit ("ano 1156 no primeiro día das calendas de setembro coa autoridade do Emperador e de tódolos asistentes poño este padrón").
O marco II[3], pegado a unha canteira[4] (entre O Pedroso do Norte e Queiruga) ten un texto na cara norte (co texto patronim statuit), seis coviñas na cara leste, e unha cruz na cara oeste.
O marco III (entre O Pedroso do Vendaval e Pazos -¿Reis?- en Padrón) ten unha inscrición no lado oeste, que remata coa fórmula patronim statuit.
O cuarto marco descubriuse en 2002[5].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Marco Ia
-
Marco II.
-
Marco III.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Moralejo Laso, A. (1977): Toponimia gallega y leonesa. Santiago de Compostela: Editorial Pico Sacro, páx. 41 ISBN 84-85170-20-2
- ↑ Marco do couto de Lampai – Marco 1 na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ Marco II do Couto de Lampai de Sancho Eanes na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ Padrón: chafalladas e manifestacións, en manuelgago.org
- ↑ Os marcos do emperador, en culturagalega.gala
a Téñase en conta que orde de presentación dos marcos en de culturagalega.org non coincide coa numeración na publicación orixinal de Guitián e nas fotos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Couto de Lampai |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Un acoutamento medieval na comarca compostelá", artigo de Jorge Guitián Castromil e Xoán Guitián Rivera no Anuario Brigantino nº 24 (2001).a