Saltar ao contido

Couzadoiro, Ortigueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Cristovo de Couzadoiro
Igrexa de San Cristovo de Couzadoiro
ConcelloOrtigueira[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°39′49″N 7°47′22″O / 43.6637, -7.7895
Área21,8 km²
Poboación106 hab. (2017)
Densidade4,86 hab./km²
Entidades de poboación23[1]
editar datos en Wikidata ]

San Cristovo de Couzadoiro[1] é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 152 habitantes (82 homes e 70 mulleres) distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 229 habitantes.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Couzadoiro está situada na parte oriental do concello no curso medio do río Baleo e na aba occidental da Serra da Faladoira, do coto de Roca e dos montes do Burgo. Limita ao norte con San Salvador de Couzadoiro, dende o Coto polo rego de Montecalvelo até o coto de Vilariño; polo leste os altos da Faladoira son linde co concello de Mañón dende o coto de Vilariño até Xuncos de Mouraz; polo suroeste o rego de Xuncos de Mouraz, afluente do Baleo, sepáraa da parroquia de Devesos, e polo oeste limita coa parroquia de Cuíña no monte da Penouseira.

Dende a estrada AC-682 na Ponte do Baleo, parte outra que leva até Devesos e que atravesa a parroquia polo alto de Corbelle. Tamén atravesa esta parroquia outra estrada que une a mesma Ponte do Baleo con Mañón por Montecalvelo e o alto do Foxo.

O río Baleo, duns 14 quilómetros, forma un val ao que van dar gran cantidade de regos e regatos de certa importancia, polo que vai recibindo distintos nomes ao longo do seu curso. Na parte alta chámaselle o río das Mestas, máis abaixo é o río Grande, e xa preto da enseada de Ladrido onde desemboca, coñécese coma Baleo.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial de San Cristovo, á beira do rego de Meixonfrío, é un templo de certa amplitude; de planta de cruz latina con cinco pequenos altares, un dos cales é de estilo churrigueresco. Venérase nesta igrexa unha imaxe da virxe do Loreto, que deu lugar a unha romaría moi popular hoxe practicamente esquecida.

Seguindo este mesmo rego até a súa unión co Baleo, no lugar da Veiga está o pazo da Torre. Alí mesmo hai tamén unha ponte pola que pasaba o camiño real de Ortigueira a Viveiro até que se construíu a finais do século XIX a estrada da Costa, desde Liñares (Neda) a Viveiro, pasando por Ortigueira e O Barqueiro, onde se construiu unha ponte.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de San Cristovo de Couzadoiro

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Couzadoiro no concello coruñés de Ortigueira

O Acivido | Biduído de Abaixo | Biduído de Arriba | Castelo | Castrillón | Cernada | O Chao | A Corredoira | Corvelle de Abaixo | Corvelle de Arriba | O Coutado | O Cristo | Cu de Petos | A Ferrería | O Foxo | Martiñan | Meixonfrío | As Mestas | Montecalvelo | O Nogueirido | O Pazo | A Pena | As Penas do Rego | O Pesco | O Piñeiro | Porto de Insua | O Preguntoiro | Randamil | Riba de Souto | San Miguel | Santaballa de Abaixo | Santaballa de Arriba | O Teixeiro de Abaixo | O Teixeiro de Arriba | A Torre | O Trabado | O Vilar | Xiros | Xorres

Parroquias de Ortigueira

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ortigueira

Barbos (San Xulián) | Céltigos (San Xulián) | Couzadoiro (San Cristovo) | Cuíña (Santiago) | Devesos (San Sebastián) | O Ermo (San Xulián) | Espasante (San Xoán) | Os Freires (San Paulo) | Insua (San Xoán) | Ladrido (Santa Eulalia) | Loiba (San Xulián) | Luama (San Martiño) | Luía (Santa María) | Mera de Abaixo (Santiago) | Mera de Arriba (Santa María) | O Mosteiro (San Xoán) | As Neves (Santa María) | Ortigueira (Santa Marta) | San Claudio (Santa María) | San Salvador de Couzadoiro (San Salvador) | Senra (San Xulián) | Veiga (Santo Adrao)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]